Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Preferente: O Dumbría tamén se mete arriba

Preferente: O Dumbría tamén se mete arriba
Un dos partidos do Soneira desta temporada

Unha vitoria, un empate e unha derrota para os nosos na Preferente Norte. A vitoria ante o Silva do Dumbría permite que os de Canosa se metan no grupo de arriba, con 10 puntos, a só 1 do liderato. Un liderato que agora comparte o Xallas de Santa Comba co Boiro, tralo empate dos xalleiros en Chantada nun partido de brega.
O que non acaba de arrincar, e segue sufrindo o curto plantel, é o Soneira, que caían ante o potente Bertamiráns, que por certo sitúase 3º tamén con 10 puntos.

Silva - Dumbría (1-2)

  • DUMBRÍA: Juan Purrúa, Tantán, David Carreira, Aarón Fdez, Pablo Conde, Aarón López, Jesús (Brais, min.46), Piri (Ismael, min 80), Iago (Pereira, min.89), Luisito (Cacho, min.85), Pablo Muíño.
  • Goles: 1-0, min.5; 1-1, min.50: Aarón López; 1-2, min.85: Ismael.

Mala primeira metade dos de Canosa que se puxeron co marcador en contra demasiado cedo. Pero todo cambio tralo descanso e os dumbrieses se puxeron o mono de traballo e deron a volta ao marcador. Aarón López ao comezo da segunda, e Ismael, a falta de 5 minutos, acadaron 3 importantes puntos para os de Canosa.

Bertamiráns - Soneira (2-1)

  • SONEIRA: Cheli, Darío, Pichi, Nico, Maikel, Fran de Urroa (Iván de Treos, min.75), Baba, Toni de Fisterra, Toni de Muros, Óscar (Cristian Figueroa, min46), Javi (Mayor, min.70).
  • Goles: 1-0, min.20; 2-0, min.25; 2-1, min.75: Cristian Figueroa.
  • Expulsión: Maikel no min.85.
  • Lesión: o soneirán Óscar na primeira metade.

Dous regalos na primeira media hora puxeron o partido moi costa arriba para os de Felipe Candamo. E os erros defensivos nestas categorías páganse e despois había moito que remar.
Aínda así, os soneiráns fixeron unha boa segunda metade, empurrando e metendo aos santiagueses no seu campo. Non tiveron demasiadas ocasións pero tiveron a súa mellor opción para o empate, despois de que o xuvenil Cristian Figueroa recurtara distancias, cun tiro ao longueiro de Baba, e ao seu rechace non chegou Maikel por pouco.

O equipo soneirán segue en proceso mellora, pero as baixas, co este curto plantel, nótanse, e onte Felipe non podía contar con Adrián Mackay, Míchel, Bibi, Chito... e mesmo houbo que tirar dun xuvenil, que foi o que ao final marcou. Ademais, haberá que ver para a semana pois Maikel foi expulsado e o muradán Óscar de Maema saíu mancado.

Chantada -Xallas Santa Comba (0-0)

  • XSC: Diego, Chinda (Óscar, min.78), Guillermo, Martín, Pablo Vigo, Mon (Orlando, min.55), Jota, Doro, Pablo Baña, Noli (Adrián Beiroa, min.55), Javi Suárez (Darío, min.80).

Moito vento e chuvia nun Sangoñedo encharcado. O Xallas de Santa Comba non puido circular o balón e os protagonistas foron os balóns longos, prevalecendo sempre os ataques sobre as defensas.

O XSC tivo estivo preto do gol na primeira cun remate de Noli e outro de Jotta. Mentres o Chantada, a base de balóns aéreos, non creou demasiado perigo pero si incertidume. Tivo tamén traballo Diego, que salvou unha ocasión boa na primeira e outra nos últimos instantes nunha boa contra que puido significar o 1-0.

Pero antes, cos cambios mellorou o Xallas, e estiveron a piques de marcar cun tiro de Jota e unha xogada de Darío. Ao final, resultado xusto.

Máis información

Crónicas da semana

Artigos deportivos

Fonte

Comentarios