Venres. 29.03.2024
El tiempo

1ª Autonómica: Só o Camariñas suma unha vitoria

1ª Autonómica: Só o Camariñas suma unha vitoria

Xornada dispar esta para os nosos na 1ª Autonómica. Só o Camariñas foi quen de sumar os 3 puntos, demostrando que está a un bo nivel na categoría. Mentres, o Ponteces sumaba un punto en Lamela pero merecía máis. E tamén merecía máis o Fisterra o sábado na casa pero non era capaz de sacar nada do choque co Arzúa. E o Malpica xogaba un mal partido, e contaba cun rival inesperado, o colexiado, en Villestro.

Fisterra - Arzúa (2-3)

  • FISTERRA: Joselu, Roberto (Robertín, min.60), Sergio Manín, Manuel Cartamil, Cotarro (Eddy, min.75), Roco, Marco do Cabo (Mané, min.70), Guardiola (Cote, min.46), Roa, Aitor, Hugo.
  • GOLES: 0-1, min.30; 1-1, min.35: Marco do Cabo, de penalti; 1-2, min.70; 1-3, min.75; 2-3, min.85: Mané, de penalti.

Non puido manter nin un punto o Fisterra ante un Arzúa que apenas fixo nada e que leva un premio demasiado grande. Os de Juan Jesús tiveron que ir a remolque todo o partido, pero é que cada vez que chegaban con perigo os visitantes se metian por diante.

E iso que comezaba mandando no xogo os locais e Marco do Cabo avisaba. Era o Arzúa o que se puña por diante, pero Marco empataba de penalti e Aitor a piques estaba de meter aos locais por diante.

O guión non cambiaba na segunda, co Fisterra mandando no campo pero co Arzúa facendo dano. Non o crían os maís de 200 afecionados que estaban en Ara Solis cando en 5 minutos, a 20 do final, o Arzúa puña un 1-3 completamente inxusto. Só Mané conseguía recurtar de penalti, insuficiente para a remontada ansiada.

Camariñas - Flavia (1-0)

  • CAMARIÑAS: Pombo, Brais Mouzo, Rodri, Roi (Julito, min.70), Manuel, Moriño, De la Sierra (Saviola, min.85), Brais, Carlos (Martín, min.65), Juan oBello, Basti (Paco, min.74).
  • Gol: 1-0, min.75: De la Sierra a pase atrás de Brais tras un pase en profundidade de Moriño.

Importante vitoria do Camariñas que xa está perfectamente amoldado á categoría. O partido foi unha parte para cada un, en función do vento. A primeira para o Flavia, pero Pombo parou dúas moi boas e unha a tivo que sacar Rodri debaixo dos paos. Para os de Pepucho Basti tivo a mellor da primeira metade pero non acertou.

Aproveitaron o vento a favor os camariñáns, que estivron moi mellor, moito máis enriba pero tampouco sen crear demasiado perigo. Brais avisaba, De la Sierra marcaba o gol e Rodri enviaba ao pao co 1-0.

Lamela - Ponteceso (1-1)

  • PONTECESO: Gerardo, Javi Peón, Alberto, Jorge, Dani Pallas, Tucho, Canai, Mendieta, Rubén, Martín Puente (Canai, min.75), Brais (Pose, min.44).
  • Goles: 1-0, min.40: Dani Pallas de falta directa; 1-1, min.45.
  • Expulsión: o meta pontecesán Gerardo no min.44 dando a xogada do gol por mans fóra da área; e mais a Alberto e dous xogadores locais no min.89.

Onte mereceron gañar os de Nacho, que non estiveron finos arriba. E iso que comezaron gañando co 0-1, cun tanto de Dani Pallas no min.40, pero cando o partido marchaba aos vestiarios, e tras un córner a favor, o colexiado pitaba unhas mans de Gerardo ao borde da área, o que supuña a súa expulsión, e ademais esa falta se convertía no empate.

Non se amilanou o Ponteceso, que achuchou durante toda a segunda ao Lamela. Un Lamela que controlaba o balón, pero o Ponteceso, ben armado dende atrás, combinaba con moito perigo e chegaba facendo moito dano. De feito, tiveron 3 claras mans a mans diante do porteiro, 2 Canai e 1 de Puente, que non puideron transformarse no go da vitoria.

Villestro - Malpica (4-1)

O Malpica 2012-2013 - Foto- Luis E porto
  • MALPICA: Suso, David Castro (Adra, min. 68), Marcos Amado, Víctor, Andrés, Rancaño (Marco, min.46), Neucha, Cheo, David Blanco, Ismael (Alemán, min.46), Charro (Tato, min.46).
  • Goles: 1-0, min.20; 2-0, min.30; 3-0, min.35; 3-1, min.77: Cheo tras un pase de Andrés; 4-1, min.85.
  • Expulsión: o míster malpicán David Baña.
  • Lesión: O malpicán Adra deixando aos seus con 10 sobre o céspede.

Os 3 cambios ao descanso dan conta de que a primeira metade do Malpica foi para esquecer. I é que a chuvia e o vento non eran bos aliados. Pero houbo outro protagonista: o colexiado, que anulou un gol a Charro e deixou de pitar unha pena máxima sobre Neucha.

Os de Baña melloraron cos cambios na segunda, pero xa era demasiado tarde para remontar.

Máis información

Novas relacionadas

Artigos deportivos

Crónicas da semana

Fonte

Comentarios