Sorte dispar nos resultados de tenis de mesa para os equipos da comarca

Unha de cal de outra de area para os nosos equipos de tenis de mesa. Así, o Anorthosis non foi capaz de superar ás rapazas de Bembibre, pero si o fixeron os do Concello de Zas Angepon ante o IES Virxe do Mar.

Estes foron os resultados da 2ª división galega grupo centro:

  • ANORTHOSIS VIMIANZO - DUBRATAMBRE 2 (2-5)

Superioridade das rapazas do Dubratambre 2, que gañaron o encontro sen dificultade a pesar de que tanto Marce, coma Roi e miguel puxeron todo da súa parte.

  • CONCELLO DE ZAS ANGEPON - IES VIRXE DO MAR (5-2)

Neste caso a superioridade do Concello de Zas Angepon tamén se reflexou no marcador, nun encontro donde so houbo un partido igualado entre Angel e Pablo.

Novas relacionadas

Outras novas

Fonte

  • Nota de prensa da A.D. Anorthosis Vimianzo, da man de Estevo Lema.