Unha Experiencia Atlética no Campus colchonero de Dumbría

En marcha xa o II Campus de Fútbol Fundación Atlético de Madrid en Dumbría. As instalacións do Conco acollerán entre o 13 e o 18 de xullo unha boa ocasión para que os cativos da zona se formen en materia deportiva cos mellores profesionais.

Serán adestramentos con adestradores titulados e formados pola Fundación Atlético de Madrid. Os rapaces terán a indumentaria oficial do Campus, tomarán un aperitivo a media mañá, e disfrutarán de xogos en piscina, hidratación, ficha de valoración técnica, charlas formativas, diploma acreditativo, fotos de recordo e moitas sorpresas máis. Realizaráse unha saída á praia onde os nenos realizarán xogos tradicionais, kayak, voleibol…

Como non podía ser doutro xeito, a temática do Campus é Moito fútbol e moita diversión, coa maior calidade de adestramentos, en grupos divididos por idade e nivel e actividades lúdicas complementarias que farán gozar aos rapaces dunha `experiencia Atlética´.

Como dicimos, o Campus será do 13 ao 18 de xullo de 10:00 a 14:30h e terá Servicio de autobús por Muros, Louro, Lira, Carnota, O Pindo, Cee e Dumbría.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).