Venres. 03.05.2024
El tiempo

Os pequenos colchoneros de Dumbría cumpliron o soño de xogar no Calderón

Os pequenos colchoneros de Dumbría cumpliron o soño de xogar no Calderón
Dumbrieses colchoneros no Calderon

Un cúmulo de experiencias as que están a vivir os rapaces que participaron este curso na I Escola de Tecnificación da Fundación Atlético de Madrid en Dumbría. Pensando xa no curso de verán os rapaces puideron disfrutar esta pasada fin de semana dunha viaxe fantástica: 2 días de convivencia onde se respirou moi bo ambiente, risas e anécdotas.

De viaxe a Madrid arrincaron o venres ás 12:00h dende O Conco un total de 30 nenos e nenas de distintos puntos da Costa da Morte, que durante os últimos 6 meses, pertenceron á Primeira edición da Escola de tecnificación da Fundación Atlético de Madrid en Dumbría. Durante a viaxe películas relacionadas co deporte e documentales sobre o mundial e o Atlético de Madrid fixeron o camiño máis ameno.

Ás 20:50 chegaron ao hotel, situado a 10 minutos do Vicente Calderón, tal cual se fosen un equipo profesional con partido o sábado no Calderón (como así era!). Desta volta, o míster, Héctor Antelo, foi benevolente, e permitiu que ata un total de 20 familiares se hospedasen con eles. Non foi a noite na que máis durmiron do ano, pero a mente xa estaba posta no día seguinte.

Dumbrieses colchoneros no Museo do Atleti

A xogar no Calderón

Escola do Atleti de Dumbria no Calderon

Á mañá seguinte almorzo buffet para cargar pilas e á saída cara ao estadio os nenos coincidiron con Paz Padilla, que non dubido en sacarse unha foto cos 'galleguiños'. Camiño do Estadio música, ilusión e moitas ganas de chegar ao campo, o momento estaba cerca!

Primeiro foron os máis pequenos, de 4-6 anos os que gozaron dese tapete en perfectas condicións, despois foi a quenda dos nenos de 7-9 anos. Tralos seus partidos a comida no restaurante do Vicente Calderón, visita ao museo onde os niñ@s puideron empaparse da historia do club rojiblanco e paso pola tenda oficial, onde moitos aproveitaron para levarse un recordo. Á tarde foi o grupo dos nenos de 10-12 anos e posteriormente dos máis maiores. A verdade é que en todas e cada unha das idades, os pequenos demostraron un nivel moi bo de xogo e sobre todo ser bos deportistas e compañeiros.

Mais de 1000 nenos de todas as Escolas de España déronse cita neste encontro organizado pola Fundación nun emprazamento tan emblemático como o Vicente Calderón cumprindo as delicias de pequen@s e maiores. Entre eles, os pequenos costeiros colchoneros.

Escola do Atleti de Dumbria no Calderon Escola do Atleti de Dumbria no Calderon Peques dumbrieses ao Kiko no Calderon

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios