Venres. 03.05.2024
El tiempo

Nace a peña do Atlético de Madrid "Costa da Morte"

Nace a peña do Atlético de Madrid "Costa da Morte"
Nase a pena Atletico de Madrid na Costa da Morte

O primeiro paso xa está dado. A maquinaria colchonera en Dumbría xa está a pleno rendemento, e por arriba, na Liga das Estrellas, os Diego Costa, Koke e compañía fan afección. Así é como se fai canteira, e neste caso o Atlético de Madrid está facendo en Dumbría e na Costa da Morte o que deberían facer clubes como o Deportivo ou o Celta.

O seguinte paso, unha peña. Os afeccionados do Atlético de Madrid da Costa da Morte terán a posibilidade de formar parte dun proxecto ilusionante, crear un vínculo entre a nosa Comarca e o club do que sempre se sentiron orgullosos.

I é que son moitos os seguidores que dende anos atrás, gozan dun gran club coma o Atlético de Madrid, coas súas penas e alegrías, pero sempre arroupando e nunca dando as costas. Esa é a característica principal dun bo colchoneiro.

A idea deste proxecto, da Peña do Atlético de Madrid "Costa da Morte", nace de varios veciños da Costa da Morte que, dende hai algún tempo, traballan conxuntamente por sacar a peña adiante. A creación no concello de Dumbría dunha escola da Fundación do Atlético de Madrid, foi o empurrón final para decidirse e saca-lo proxecto adiante.

Os impulsores da idea teñen claro que a escola pode ser un vínculo importante para dar a coñecer a peña e ter a posibilidade de elaborar temas en común. Por iso, proponse que a sede social da peña sexa en Dumbría.

O procedemento para a creación da peña é o seguinte:

  • Ábrirase un prazo de inscrición para que os interesados poidan pedir información, mediante un correo electrónico e un número de teléfono. No caso de estar interesados, entran nunha lista de anotados, na que facilitarán os seus datos de contacto.
  • Unha vez rematado o prazo de información, convocarase a todos/as para unha xuntanza, onde se elixirá a xunta directiva e se procederá á aprobación dos estatutos.

Máis información e inscricións

Enviando un mail a [email protected] / Teléfono: 981 745 028. O prazo para anotarse está aberto.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios