![campus1]()
De seguro que os case 40 rapaces da Costa da Morte que están o longo destes días participando no
campús de verán do Atlético de Madrid tardarán en esquecer esta experiencia.
O campus está a ter lugar en
Dumbria. O primeiro día, despois dunha pequena presentación dos participantes, os técnicos explicaron o funcionamento dos grupos durante o Campus e os valores que se pretenden transmitir no mesmo. A todos os nenos entregoúselles a indumentaria oficial do Campus e unha gorra.
Neste Campus os rapaces tiveron tempo para as sesións de entrenamento, sesións lúdicas na piscina, visión dun video documental sobre a tempada realizada polo Atlético de Madrid e tamén participaron nunha xincana na que puxeron a proba as súas habilidades técnicas e motrices.
![campus3 Os participantes puxeron a proba as súas habilidades técnicas e motrices]()
Hoxe, haberá unha competición técnica individual para os xogadores de campo e unha competición específica para os porteiros. Desta forma, pecharán a semana onde tamén se lle entregarán as valoracións, os diplomas e algunha que outra sorpresiña.