Xornada exitosa do Volei costeiro

Pleno de vitorias na fin de semana do volei dos equipos da zona.

A primeira nota positiva a puxeron os equipos do colexio Manuela Rial Mouzo de Cee na concentracion de voleibol en idade escolar celebrada en Rianxo onde venceron todos os encontros que disputaron.
O equipo benxamín venceu os seus dous encontros fronte a Ames e Rianxo.
O alevín masculino fixo o propio fronte a Rianxo e as alevíns confirman a sua progresión tras unha nova xornada sin coñecer a derrota, nesta ocasión fronte a Rianxo. Con esta vitoria os alevíns asegúranse a primeira posición e a clasificación para o campionato provincial e os demais estan a piques de conseguilo.

As alevíns están a 1 punto das primeiras, pero cun partido menos; e os benxamíns continúan o frente da clasificación. O próximo día 12 disputarase a derradeira xornada en Dodro, antes do Campionato Provincial.

Continuaron as vitorias cos equipos que disputan a Liga Galega. Os infantís do Manuela Rial venceron ante Bertamirans por 0-3 (8-25,6-25, 15-25) e os cadetes do Voleibol Dumbria por 1-3 ( 19-25,11-25,25-21, 17-25) ó Bertamirans. Os infantís manteñen a terceira posicion que lles permitirá clasificarse para a fase final do Campionato Galego e os cadetes manteñense na sexta posición.

Para rematar esta xornada tan favorable, as infantís do Manuela Rial venceron a Comercial Durán de Pontevedra por 3-0 (25-14, 25-13, 25-14). Desta maneira acadan a oitava posición que lles permite evitar os postos de promoción para o descenso.

Vindeira cita

A Liga de Volei aproveita o entroido para descansar. Non haberá xornada ata a fin de semana do 12 de marzo.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Volei Dumbría da mand de Gurutz Larrañaga.