Martes. 30.04.2024
El tiempo

O CDM Piragüismo Dumbría bótase ao río

O CDM Piragüismo Dumbría bótase ao río

Esta fin de semana arrinca a tempada de competicións para o CDM Piragüismo Dumbría acodindo a Portugal á Regata Internacional de Fridao, en Amarante.

Esta competición, integrada no calendario mundial da ICF contará coa participación dos mellores palistas Portugueses, Galegos, Vascos, e unha representación da Republica Checa.

Entre as opcions de facer un bó papel está Andrea Pérez, a campiona galega da modalidade, que tratará de meterse na final. O mesmo obxectivo que terá Aarón Nuñez na competición masculina. Por outro lado Marco Oreiro, a nova promesa do clube dumbriés que se encontra concentrado no Centro Galego de Tecnificación Deportiva non se lle esixen todavía resultados máis alá de que confirme a súa bóa progresión. O resto da expedición a completan Iván Pérez e Iago Canosa que exercerá de abridor.

Ademais, a vindeira semana o clube dumbrián acudirá a Francia para competir no Slalom de Pau, puntuable para a Copa de España de Slalom Olímpico.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do CDM Dumbría.

Comentarios