Martes. 07.05.2024
El tiempo

5 vitorias e unha derrota foi o balance do Volei costeiro nesta fin de semana

5 vitorias e unha derrota foi o balance do Volei costeiro nesta fin de semana
Boa fin de semana no volei costeiro con cinco vitorias e unha derrota para os equipos de volei da Costa da Morte. A vitoria máis sorprendente foi do equipo Manuela Rial Mouzo infantil femenino ante o Emeve, por un claro 3-0 (25- 20, 25-19, 25-23) sendo o equipo lucense un dos equipos punteiros da liga. O Infantil Masculino do Manuela Rial aproveitou a fin de semana para xogar dous partidos e colleitar dúas vitorias que lle permiten rematar a primeira volta como 2º na clasificación da Liga Galega. Os resultados foron 0-3 (5-25, 5-25, 7-25) ante Rianxo e 3-0 (25-15, 25-16, 25-22) ante Sta Mª del Mar. Pola súa banda, os cadetes do Volei Dumbría acadaron unha nova vitoria ante Sta Mª del Mar por un claro 3-0 (25-18, 25-13, 25-15). E boa vitoria tamén a das xuvenís do Volei Dumbría ante Rianxo por un fácil 0-3 (13-25, 15-25, 8-25). Con este resultado acaban na primeira volta primeiras na clasificación. A única derrota da fin de semana foi para as cadetes do Volei Dumbría que se enfrontaban ás líderes da clasificación, o Emeve de Lugo, ante as que caeron por 1-3 (17-25, 25-22, 13-25, 17-25) nun partido na que as dumbriesas presentaron batalla ante un equipo moi forte.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Volei Dumbría da mand de Gurutz Larrañaga.

Comentarios