Luns. 06.05.2024
El tiempo

Bo balance tras unha gran semana para o volei costeiro

Bo balance tras unha gran semana para o volei costeiro
Pechou unha boa semana o Voleibol da Costa da Morte trala convocatoria de ata 4 xogadores para a selección provincial. E o balance deportivo saldouse con tres vitorias e dúas derrotas. Grande a vitoria das xuvenís do Dumbría no duelo comarcal ante o Xiria de Carballo pou un axustado 2-3 (27-25/ 25-17/ 14-25/ 21-25/ 10-15) no que remontaron un partido igualado que superon xogar mellor nos momentos importantes. Con este resultado as dumbriesas seguen en cabeza da clasificación. Tamén venceron as cadetes do Dumbría no seu desprazamento á Coruña por outro axustado 2-3 (22-25, 25-18, 23-25, 25-16 e 13-15) ante Calasancias nun partido de moitas alternativas no marcador. Desta maneira consiguen adiantar ás coruñesas na clasificacion e escapar dos postos de descenso. A outra vitoria acadouna o equipo infantil masculino do Manuela Rial (na foto) como non podia ser doutra forma foi por un 3-2 (25-18, 24-26, 18-25, 25-22,15-10) ante o Emeve de Lugo. Con esta nova vitoria seguen na cabeza da clasificación empatados co Ourense. No cadete masculino do Volei Dumbría perdeu ante Emeve 0-3 (22-25, 23-25, 20-25) sen poder rendir nos momentos decisivos do sets. Con este resultado o Dumbría remata o ano en 6º posición pero con posibilidades de acercarse o 4º posto que da acceso a fase final. Pola súa banda, as infantís do Manuela Rial perderon ante Calasancias da Coruña por un claro 3-0 (25-22/ 25-17/ 25-5) no que so presentaron batalla no primeiro set. Con este resultado seguen mantendo a 9ª praza.

Vindeira cita

Este xoves xogarán en Ourense os equipos masculinos unha xornada aprazada ante o CV Ourense. Despois haberá parón de Nadal.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Volei Dumbría da mand de Gurutz Larrañaga.

Comentarios