Luns. 06.05.2024
El tiempo

O Ministro volta ao cole polo 50 aniversario

O Ministro volta ao cole polo 50 aniversario
Esta pasada mañá de sábado 10 de decembro de 2010, o Colexio Manuel Rial de Cee celebraba o seu 50 aniversario. Foi o ministro de Xustiza, Francisco Caamaño, ex alumno do centro, un do que presidiu a sesión xunto ao presidente da Fundación Castro-Rial, Marcelo Castro-Rial Schuler. Un acto no que participaron tamén o conselleiro de Educación, Jesús Vázquez; o alcalde de Cee, Ramón Vigo; o presidente da Deputació da Coruña, Salvador Fernández Moreda; e o delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro, que vemos paseando polos arredores do centro. O centro foi inaugurado o 26 de novembro de 1960 por Marcelo Castro-Rial Canosa, e sempre foi un referente educativo da Costa da Morte. Daquela servía “para cubrir as necesidades educativas da zona”, como asegurou o fillo do creador, e destacou que se ben agora é un centro concertado, daquela pretendía favorecer o alumnado pertencente a familias con baixo nivel económico posto que naqueles tempos as posibilidades de formación eran moi escasas”. Con todo, o nivel sempre foi alto. De feito, o ministro de Xustiza lembrou a súa etapa como escolar no centro e salientou que “a calidade educativa ten unha media moi alta neste colexio”. Caamaño incidiu en que “non hai mellor lei que unha boa educación” e “non hai mellor riqueza no mundo que a ambición do saber”.

Datos do centro

Hoxendía, este colexio concertado ten 38 mestres que educan un total de 512 alumnos, labor na que contan coa colaboración do persoal non docente constituído por 8 persoas. Aínda que desde os anos 70 o profesorado do centro é laico, mantén vivo o ideal do seu creador de proporcionar “unha formación integral do alumno dentro dun marco cristián da vida”. O centro, dirixido por Isidro Caamaño, posúe 25 unidades en funcionamento na actualidade: 5 unidades de Educación Infantil; 12 de Educación Primaria; e 8 de Educación Secundaria Obrigatoria. Ademais, o centro conta cun salón de actos con capacidade para unhas 300 persoas e cun pavillón polideportivo de 22 x 44 metros habilitado para a práctica de fútbol, balonmán, voleibol e baloncesto, entre outras modalidades deportivas. Desde 1960 ata o último curso lectivo rematado (2009-2010), finalizaron os seus estudos no colexio Manuela Rial Mouzo un total de 50 promocións de alumnos. Isto, a unha media de 50 alumnos por ano, significa que máis de 2.500 alumnos teñen cursado os seus estudos no centro ao longo da súa historia.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de Ideo, da man de Felipe Vieira.

Comentarios