Xuvenil Sur: Volta a igualdade

Volve a igualdade á Liga Xuvenil Sur, liga patrocinada pola Discoteca Zona Zero. O empate do Santa Comba en Fisterra e a vitoria do Soneira ante o Outes deixa de novo a ambos conxuntos igualados con 29 puntos, e de seguro que se manteñen así ata a xornada 17, que se disputará o 12 de febreiro e que enfrontará aos dous equipos.

Fisterra - Santa Comba (1-1)

  • Fisterra: David, Roberto, Juan, Jorge, Manuel, Tati, Martín, Juanfran (Gonzalo, min.50), Cristian Hidalgo, Bruno, Carlos.
  • Santa Comba: Pablo, Martín, Pombo, Dani Martínez (Josito, min.80), Sergio, Diego Maneiro, Anxo, Iván, Iván Marquiños, Muni, Roberto.
  • Goles: 1-0, min.20: Carlos coa espalda tras un rexeite do porteiro; 1-1, min.60: Martín tras varios rexeites nun balón aéreo.
  • Expulsión: Martín, min.70.
Ventaba moito en Ara Solis na primeira metade e o Fisterra comezou co vento en contra. E sufriu ante o líder ao longo dos primeiros 45 minutos, malia rematar cun 1-0. Os de Senra chegaron en tan só dúas ocasións, unha foi gol e de carambola, e a outra Juanfran non estivo demasiado rápido. O Santa Comba presionaba co vento a favor e mandaba balóns aéreos aproveitando a baixa estatura do equipo local. A segunda metade foi máis igualada, pois calmou o vento. O Santa Comba tocaba moi ben o balón e o Fisterra tampouco o desprestixiaba. Un par de man a man dos xalleiros puideron darlle a volta ao marcador tralo empate. Pero tamén no último minuto Cristian Hidalgo prantouse só diante do porteiro pero buscou demasiado un compañeiro. Compre destacar que o conxunto xalleiro de seguro acusou a dimisión do seu míster Anxo, que marcha a xogar a Extremadura, para devolver equipo de Vilanovense á 2ªB. Anxo marcha agradecido a todos os rapaces e, sobre todo, a Torreira, segundo de abordo que ocupará o banco ata que o clube atope un novo adestrador.

Soneira - Outes (4-0)

  • SONEIRA: Víctor, Suso, Pichón, César (Cachi, min.60), Vicentiño (Marcos, min.67), Alberto (Efraim, min.75), Dani, Fernando, Cristian, Isma e Alberto Muxía.
  • OUTES: Yona, Oscar, Juan, Chía, Alfonso, Piqui (Pesi, min.55), Piti (Beckam, min.65), David (Pablo, min.55), Álex, Edu, Sergio.
  • Goles: 1-0, min.1: Alberto Muxía; 2-0, min.30: Alberto; 3-0, min.43: Cristian; 4-0, min.75: Fernando.
Partido sen moita complicación para os soneiráns que non acusaron as baixas de Mayor sancionado e Basti por enfermidade, aínda que recuperaron a unha peza fundamental como é o dianteiro Fernando. Alberto abriu o marcador ao se aproveitar dunha mal blocaxe do porteiro no primiero minuto do partido. A media hora Alberto marca un golazo mandando o balón por toda escadra cun lanzamento dende 25 metros. Cristian marcaba ao pouco para o descanso para poñer a sentenza definitiva e na segunda metade o reaparecido Fernando poñía o definitivo 4-0 cunha fermosa tixeireta a centro de Cachi. Ante o pinchazo do Santa Comba en Fisterra os soneiráns fanse de novo co liderato da clasificación por ter mellor diferenza de goles, máis necesitarán gañarlle aos de santa Comba si queren facer co título no caso de que persista o empate.

Mazaricos - Corcubión (3-6)

  • MAZARICOS: Rubén, Adrián, Mario, Esteban (Jose, min.20), Alejandro, Eugenio, Alberto, Ferreiro, Sandelo, Kevin e Mario.
  • CORCUBIÓN: Iago, Chema (Denís min 63 (Zaca min 84)), Sergio, Pablo, Marcos, Gabi, Toni (David min 45), Iván (Cristian min 77), Lema, Brais (Kike min 86), Manu.
  • Goles: 1-0, min.10: Kevin; 1-1, min.25: Manu; 1-2, min.36: Brais; 2-2, min.47: Kevin; 2-3, min.50: Brais; 3-3, min.60: Sandelo; 3-4, min.65: Lema; 3-5, min.75: Manu; 3-6, min.90: Cristian.
  • Expulsións: Os locais Alejandro (min.60) e Ferreiro (min.65) e o adestrador local.
Partido con moita choiva nun campo que non daba abasto a expulsala auga do terreo de xogo. O estado do terreo de xogo estaba moi anegado e facía que o esférico fose con moita rapidez creando serios problemas aos dous equipos. Comezou o partido cun gol do Mazaricos nun mal entendemento entre a defensa visitante e o seu porteiro no minuto 2 de partido. Nun destes balóns rápidos, Manu fixo o primeiro gol visitante no minuto 25 e dispuxo, tanto el como Brais, de pór o seu equipo por diante no marcador. Foi Brais, o goleador do equipo nas últimas xornadas, o que 11 minutos máis tarde desta vez si poría o 1-2 no marcador. Este foi o resultado ate chegar ao descanso aínda que ambos conxuntos tiveron moitas oportunidades para perforala rede. Nada máis pitar o colexiado o inicio da segunda metade, aos 20 segundos, o Mazaricos volvería por o marcador en táboas cun bo gol dende fora da área de Kevin, que toca no porteiro e logo entra na portería tocando primeiro no pau. Non durou moito a alegría polo gol xa que Brais, o se segundo gol da tarde, volveu marcar nunha xogada rápida aos 2 minutos, aínda que o Mazaricos volvería marcar nun despexe do porteiro da vila de San Marcos que queda no punto de penalti e fusila libre de marca. O Corcubión aproveitouse do estado do terreo do xogo e da rapidez dos seus homes de arriba que puxeron an apuros a defensa local, ademais a presión exercida sobre a defensa, obrigándoa a cometer erros. Nun destes erros Lema, aproveitando a súa velocidade sobre a defensa, volvería a adiantar ao seu equipo. A defensa local seguía cometendo erros en un saque de banda rápido, Manu faría o seu segundo gol da tarde cando se encontraba so contra o cancerbeiro. O Mazaricos non escatimou nas súas protestas, dada a mala actuación do colexiado nalgunhas xogadas clave, ademais da expulsión de 2 xogadores e o adestrador. Xa co partido case rematado, Cristian estreábase como goleador e metería o sexto gol tras un córner. A acta do partido recolle que trala expulsión do adestrador, que "este negouse nun primeiro momento a abandonalo terreo de xogo, ademais de proferir ameazas contra o colexiado", segundo sinalaba a acta. Así que o colexiado pediu ao adestrador visitante, nese intre o actual delegado pola expulsión no anterior encontro do adestrador Alfonso, que chamase a Garda civil para o final do partido xa que temía pola súa seguridade, aínda que logo non apareceron por non localizar o campo, pero non houbo altercados ao final do encontro. Cabe destacar a voa actuación da recente fichase corcubionesa de Gabi, o que fai que Lema poida desenvolver as súas funcións na banda que e onde mellor se adapta, aumentando a velocidade do equipo na parte dianteira.

Esteirana - Dumbría (3-3)

  • Esteirana: Carrilo, Moncho, Chus, Abel, Nico, Jacobo (Xián, min.80), Eloy, David, Bruno, Canario, Adrián (Pesi, min.75).
  • Dumbría: Ángel, Rubén (Coque, min.60), Samuel, Adrián Ozón, Jose, Dito, Blanco, Martín, Israel, Dani, Marco.
  • Goles: 1-0, min. 20: Adrián; 1-1, min.25: Israel de penalti; 1-2: Coque; 2-2: Adrián; 3-2: Adrián; 3-3, min.80: Marco.
  • Expulsión: o dumbriés Dani na primeira metade e ao esteirán Canario no penalti.
Puido gañar calquera nun encontro de poder a poder e con alternativas constantes. Xogou mal o Dumbría na primeira metade, pero aínda así conseguíu remontar o gol inicial de Adrián, que completou finalemente un hattrick. Os dous equipos quedaron con 10 na primeira metade polo que o cansanzo fixo mella nos dous cadros. Reaccionou o equipo de Uru e remontou de novo. Na segunda comezou a Esteirana mellor, pero os visitantes tiveron 20 minutos moi bos nos que chegaron con claridade e non sentenciaron. Os locais voltaron coller o partido polo mango e ao final, aproveitando o desgaste dos noviños e escasos xogadores dumbrieses, puideron gañar.

Cee - Muros (2-0)

  • Cee: Adrián, José Ramón, Isma Trinidad, Rubén, Lucas, José Antonio, Isma Lamela, Diego Cespón, Uri (Armando, min.60), Chiru, Moncho (Iago, min.85).
  • Muros: Iago, Bolo, Berni, Pelos, Pedro (Diego), Fernando (Trozo), Gabriel el Guapo, Santi de Silvia, Minos, Santi Chuvasco e Iván.
  • Goles: 1-0, min.60: Jose Ramón; 2-0, min.75: Chiru de cabeza.
  • Lesións: Os muradáns Fernando e Pedro saíron lesionados.
Foi superior o Cee de José Carlos ante un Muros no que Bibi contaba con moitas baixas, tan serias como as de Oscar Geiko ou Álvaro. Os locais tomaron o mando dende o comezo e levaron o partido ante un combativo Muros, que non poido ofrecer toda a resistencia que se lle agarda. Así e todo, os locais, que tocaron moito e xogaron ben o balón, non romperon o partido ata o segundo tempo

Patrocina esta Liga

Máis información

Máis información

Novas relacionadas

Fonte