Sábado. 18.05.2024
El tiempo

Preferente: O Soneira suma e segue

Preferente: O Soneira suma e segue

Cuarta xornada sen perder do Soneira que o consolidan no sétimo posto da clasificación empatado a puntos co sexto.

Soneira - Laracha (0-0)

  • SONEIRA: Fran, Fereiro, Fran de Urroa, Javi, Pablo, Santi, Miguel, Kike (Darío, min.87), Michel, Víctor García (Yago, min.64) e Vituco (Vía, min.90).
Onte o Soneira non xogou un gran partido, pero o rival tampouco era doado. O Laracha plantexou batalla no medio campo e o partido foi pouco vistoso e sen apenas ocasións claras de gol durante os 90 minutos.

A primeira metade foi de respecto mutuo e os porteiros pasaron case que desapercibidos. O Laracha mostrábase máis necesitado pola vitoria e tentaba levar o control do balón, pero as imprecisións e bo facer defensivos dos de Manolito impedía que se crearan ocasións de gol.

Tralo descanso a tónica foi moi similar. A medida que se foi acercando o final, lonxe de intensificarse o control, o partido foise rompendo e ao contrario que viña pasando nos últimos partidos do Soneira na casa, onde soia marcar, o Laracha cercou a área de Fran e tivo un par de boas ocasións que puxeron o medo na parroquia vimiancesa. Ao final non houbo goles e o empate semella que deixa máis a gusto aos soneiráns que aos laracheses que están máis necesitados de puntos.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios