Sábado. 18.05.2024
El tiempo

2ª Autonómica: Unha liga de 3?

2ª Autonómica: Unha liga de 3?
Non paran os equipos de arriba. Os Ponteceso, Camariñas e Club do Mar seguen demostrando que son os 3 claros favoritos para o título e xa separan 5 puntos aos caioneses do Muros, xa 4º tras unha racha de resultados só superado polo Ponteceso. Precisamente os de Felipe pararon ao Fisterra que queda agora 7º por debaixo de Castriz, que non puido manter a boa liña do último mes ante o líder, e do Sofán. Por abaixo, xa se nota a man de Nito en Carnota, que mete ao Vimianzo no pozo. Porteño, O Pindo, Esteirana e Buño xogaranse esa 3ª praza de descenso (se o Zas non o evita). I é que parece que Corme e Dumbría B salvarán o perigo.

Sofán - Porteño (5-0)

  • Sofán: Miniño, Roberto Souto, Gustavo, Juanjo (Alberto Pensado, min.60), Manolo Varela, Aleman, Pizo, Dieguito, Adrian Garcia, Jacobo e Bertin.
  • Porteño: Asiel (Santi, min.66), Brais, Roberto, Manuel, Pejo, Ivan, Quilmes, Pablo (Roi, min.46), Iago (Asturiano, min.56), Isma e Pepe Wii (Ruben, min.46).
  • Goles: 1-0, min.23: Diego tras unha boa combinación; 2-0, min.40: Bertín tras un rexeite de Asiel a tiro de Jacobo; 3-0, min.53: Jacobo a pase de Bertin; 4-0, min.61: Roberto centra e marca Roi en propia meta; 5-0, min.75: Jacobo fai unha gran xogada individual e resolve con un esquinado disparo.
Saíu impresionante o Sofán ante un Porteño que se defendía a capa e espada. E iso que Miniño tivo que poñerse de porteiro. Non marcaron os locais ata o min.23, tras unha das moitas grandes xogadas da dianteira sofanista. A partir de aí abriuse lixeiramente o Porteño, con gañas de empatar, pero antes do descanso Bertín aproveitou un rexeite de Asiel para facer o segundo e case que sentenciar o choque. A segunda metade, tralo terceiro tanto de Jacobo, foi un suplicio para os da Ponte.

Carnota - Malpica (2-1)

  • Carnota: Pepu; Adrián (Pablo Beiro, min.61), Brea, Tono da Caixa, Pedro, David Castreje (Gabri, min.90), Nico, Miguel Beiro (Andrés, min.71), Óliver (Demetrio, min.88), Nico Alvarado e Manuel Luís (Joselu, min.51).
  • Malpica: Suso; Charly, Víctor, Marco, Iago, Ismael, Neucha, Cheo, M. Dourado (David Blanco, min.30), Eloy e Andrés (Casais, min.61).
  • Goles: 1-0, min.31: Óliver, tras un centro de Miguel Beiro; 2-0, min.42: Manuel Luís, tras varios rexeites; 2-1, min. 50: Neucha, de penalti cometido sobre el.
  • Expulsións: o visitante Casais, con vermella directa no min. 69 e, o local Demetrio, igualmente con vermella directa no min. 93.
  • Lesionados: o malpicán Dourado (min.26) e o local Miki Beiro (min.71).
Partido bronco o vivido en Lombans, e que supón a segunda vitoria dos carnotáns neste comezo de ano con Nito no banco. Comezou mellor o Carnota, que controlou o balón pero tan só era Nico Alvarado quen intentaba marcar. Dourado, Neucha, Iago e David Blanco puideron marcar para os visitantes, pero foron os novos Oli e Manuel Luís quen adiantaron aos locais. Na segunda intentouno máis o Malpica, que ademais protestou un penalti cometido sobre os dianteiros visitantes, mentres que o Carnota protestou o penalti sinalado sobre Neucha.

Muros - Fisterra (3-1)

  • Muros: Lupi, Iván, Gael, Mayu, Miguel, Dani (David, min.60), Bibi, Óscar (Edu, min.55), Gelo (Teo, min.46), Toni (Rubén, min.70) e Sexo.
  • Fisterra: Joselu, Senra, Julito, Roco, Piti (Cristian Hidalgo, min.80), Martín, Eddy (Luisiño, min.70), Roa (Roberto, min.46), Tati, Guardiola e Manoliño.
  • Goles: 1-0, min.10: Toni;  1-1, min.20: Manoliño tras un pase de Guardiola; 2-1, min.30: Mayuyo de falta; 3-1, min.37: Bibi.
Comezou o choque moi igualado, cun Fisterra indo a por todos os balóns. Pero os locais adiantáronse pronto por medio de Toni tras un erro da defensa local. Manoliño empatou e o equipo de Manolo Santos, que acodía con moitas baixas, parecía ir polo partido. Pero Mayu acertou de falta e  antes do descanso Bibi facía un 3-1 que puña o encontro moi costa arriba para os visitantes. A segunda comezou cun man a man de Manoliño diante de Lupi que podía meter de novo aos fisterráns no encontro. Pero os de Felipe tamén tiveron boas ocasións para ampliar a renda, os paus en 3 ocasións e o meta fisterrán Joselu a tiro de Sexo, salvaron dunha goleada maior aos fisterráns.

Dumbría B - Buño (3-2)

  • Dumbría B: David, Andi, Cives, David Carreira, Samuel, Fernando (Josiño, min.70), Poyo, Ivanete (Rodrigo, min. 46), Pablo Lestón e Pablo Muíño.
  • Buño: Añón, Pancho, José, Lolo, Ángel, Dourado (Daviciño, min.80), Mendieta (Emilio, min.65), Jorge, Fernando (Pardiñas, min.60), Berti (Fran Martuxa, min.70) e Víctor.
  • Goles: 1-0, min.20: Pablo Lestón tras roubarlle un balón ao meta local; 1-1, min.41: José tras un saque de esquina e tras un regate de Dourado; 1-2, min.44: Víctor de cabeza á saída dun córner; 2-2, min.60: Pablo Muíño; 3-2, min.92: Pablo Lestón, de penalti.
Partidazo no Conco, igualado ata o último mminuto. Encontro con moito derroche físico e con constantes alternativas, no que un empate sería probablemente o máis xusto. Adiantou Pablo Lestón aos de Ferrío, pero o Buño reaccionou. Víctor e un par de accións de saque de banda dos de Pablo Mallón estiveron a piques de igualar pero foron 5 minutos antes do descanso cando José e Víctor deron a volta ao marcador. Na segunda espabilou o Dumbría B. Apareceu o de sempre, Pablo Muíño, para empatar, e cando todo ía cara o xusto empate un penalti claro xa co tempo cumplido sentenciou o choque. Pablo Lestón non fallou.

Corme - O Pindo (2-2)

  • Corme: Susiño, Adolfo, Abel (Iván, min.82), Pipo, Pandi, Rafa, Diego, Alejandro, Alejo, Lucas e Martín.
  • O Pindo: Garrido (Pulpo, min.75), Piquero, César, Mateo, Miguel, Julián, Diego, Fran (Ángel, min.83), Rafa, Víctor e Aitor.
  • Goles: 0-1, min.47: Rafa de penalti; 0-2, min.70: Aitor; 1-2, min.76: Alejandro; 2-2, min.83: Lucas.
Gran partido do Pindo no Cairo, ante un Corme que sacou un punto tras ver como o equipo visitante foi mellor durante moitos minutos. Moitos ata que o meta Garrido se lesionou, cando os de Sil marchabn con 0-2 no marcador. Entrou Pulpo e Jullián púxose de porteiro, pero o potencial carnotán baixou considerablemente. Os de Suso da Torriña aproveitaron o desconcerto e en 5 minutos empataron o choque por medio dos mediapuntas Alejandro e Lucas.

Camariñas - San Lorenzo (4-1)

  • Camariñas: Pombo, Pesqui (Antelo, min.75), Breo, Maikel, Josiño, De La Sierra (Nico, min.70), Moriño, Brais, David (Mané, min.60), Juan Bello e Javi (Ogando, min.70).
  • San Lorenzo: Sergio, Iván Rey, Adrián, Puñal, Casillero (Fuentefría, min.65), Álex, Alexandre, Cachizo, Carliños, Quillo (Marcos Cancela, min.70) e Jorge.
  • Goles: 1-0, min.1o: Juan oBello; 1-1, min.32: Puñal; 2-1, min.49: David de penalti; 3-1, min.54: Brais; 4-1, min.90: Brais.
Partido moito máis igualado do que sinala o marcador final. O Camariñas dominuou os primeiros 45 minutos, pero Puñal anulou o gol de Juan oBello e deixou o empate nos vestiarios. Na segunda o encontro foi moito máis igualada. De feito, os de Verdillo puideron poñerse por diante aos 2 minutos da segunda pero non estivo fino no man a man o dianteiro visitante. Na xogada seguinte chegou a xogada clave do encontro, un dubidoso penalti que transformou David e tralo que o San Lorenzo se veu abaixo. Brais foi o encargado de sentenciar.

Castriz - Ponteceso (0-1)

  • Castriz: Ángel, Chinda, Alex, Toniño, Sergio Pose (Suso, min.65), Bruno, Alberto, Fili, Dani (Rubén, min.70), Mauri (David Brenlla, min.58) e Sebas.
  • Ponteceso: Norberto, Carlos Mato, Fabián, David, Roberto Ríos (Tucho, min.60), Pablo, Luisete (Alfredo, min.70), Mario, Nando, Bolón (Velo,m in.80) e Toniño (Adrián, min.85).
  • Gol: 0-1, min.10: Toniño.
Partido bonito e igualado o vivido en San Pedro. Os de Berto marcaron pronto e souberon administrar a renda, cun équipo sempre moi sólido, con moito oficio e orde. Tralo gol de Toniño, o propio ala tivo un boa ocasión, pero nin el nin Luisete nin Alfredo ampliaron a renda deixando vivo ao equipo de Huelvis. Un Castriz que levaba un final de ano espectacular e que veu cortada a súa racha ante o líder, e iso que no último segundo, xa no desconto, Rubén tirou fóra só diante do porteiro tras un choque entre os centrais pontecesáns non podendo conseguir o empate para os locais.

Club do Mar - Esteirana (1-0)

  • Club do Mar: Borja, Chori, Chechu, Luis Lareo, Fran, Alberto, Repi, Corral (Isaac, min.89), Abel (Brais, min.64), Jacobo e Pablo Piñeiro.
  • Esteirana: Ramón, Fran, Dani, Suizo, José Varela, Pepe, Adri, Álex (Godo, min.20), Simón (Pichu, min.75), Andel (Adelino, min.55) e Roberto Pladur.
  • Gol: 1-0, min.90: Brais tras un rexeite de Ramón a unha falta de Fran Borrazás.
Intenso partido o vivido en Paiosaco, onde a Esteirana, malia deixar unha gran sensación, voltou de baleiro tras un prosteiro gol de Brais sobre o pitido final. Sufriron os de Caión, ademais de que o campo estaba en moi mal estado. Roberto Pladur e un sensacional Andel puxeron en varias ocasións en apretos a Borja, sen acerto. Na segunda ambos cunxuntos acusaron do balón longo ante a imposibilidade de tocar. Ao final, un atento Brais certificou a vitoria local que mantén aos de Caión terceiros e con opcións de ascenso.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

 

Comentarios