Sábado. 18.05.2024
El tiempo

Resultados do fútbol da Costa

Resultados do fútbol da Costa
Volve o fútbol ao completo á Costa. Chega o 2011 con moitos resultados e cun Soneira, que malia non pasar do empate na casa, segue demostrando que n on vai pasar ningún apuro para manter a categoría. Tan só o Xallas trae boas novas hoxe dende a 1ª, a pesar de que seguimos contando 2 equipos en ascenso. Os de Iván Cancela sumaron unha gran vitoria en San Tirso e quedan en 2ª posición tralo Cee, que mantén o liderato tralo empate do Olímpico. O Dumbría caía estrepitosamente en Arteixo mentres que o Zas, malia dar boa imaxe con ata 6 xuvenís, volvia caer na casa. Na Liga da Costa, os de arriba non fallan. Ponteceso sufría para gañar, pero gañaba en San Pedro de Castriz. E tras el o Camariñas que non vai permitir despiste algún dos de Berto. O Club do Mar vixía dende a 3º praza, logo de vencer o sábado a unha Esteirana que volveu deixar unha máis que boa sensación fóra de casa. E xa está 4º o Muros, tras vencer con comodidade a un Fisterra chego de baixas e xuventude. Por abaixo, salientable a vitoria do Carnota ante o Malpica no debú de Nito no banco de Lombáns. Os carnotáns xa superan a un Vimianzo en moi mal momento. O POrteño tampouco se libra da zona de perigo, mesmo de descenso contando coa praza do Zas, mentres que O Pindo, Esteirana e Buño loitarán por evitar problemas. Os de Sil conseguían un bo empate en Corme, mentres que os de Pablo Mallón caían nun e ncontro agónico ante o Dumbría B, que deixa aos de Ferrío nunha posición moi cómoda. Na 3ª tampouco fallaron os de arriba. O líder desfacíase do Muros B, mentres que o Nantón facía o propio cun descoñecido Lira. Empatado cos de Luis segue a UD Cerqueda, que vencía onte en Laxe. O a 5 puntos do asnceso segue o Corcubión que vencía con facilidade ao Outes e quere retomar o pulso da competición neste novo ano. En xuvenís volve a igualdade entre Soneira e Santa Comba. E polo norte, DSumbría B e Corme manteñen o envite.

Preferente, xornada 22

Soneira 0-0 Laracha

1ª Autonómica, xornada 18

San Tirso 1-2 Xallas
Zas 1-3 Vizoño
Cee 1-3 Perlío
Atl. Arteixo 6-0 Dumbría

2ª Autonómica, xornada 18

Vimianzo 2-4 Baio
Carnota 2-1 Malpica
Club do Mar 1-0 Esteirana
Muros 3-1 Fisterra
Sofán 5-0 Porteño
Dumbría B 3-2 Buño
Corme 2-2 O Pindo
Camariñas 4-1 San Lorenzo
Castriz 0-1 Ponteceso

3ª Autonómica, xornada 18

Laxe 0-1 Cerqueda
Corcubión 3-0 Outes
Xaviña 2-1 Muxía
Alcaián 2-0 Atl. Pereiriña
Mazaricos 5-2 Muros B
Corcoesto 1-3 Indep. Carballo
Coristanco 3-4 Cabana
Nantón 6-0 Lira

Ligas Nacional Xuvenil, xornada 16

Ural 2-1 Bergantiños

Liga Xuvenil Sur, Gr.3, xornada 12

Mazaricos 3-5 Corcubión
Esteirana 3-3 Dumbría
Cee 2-0 Muros
Soneira 4-0 Outes
Fisterra 1-1 Santa Comba

Liga Xuvenil Norte, Gr.4, xornada 16

Camariñas 2-4 Zas
Cabana 2-3 Bergantiños B
Malpica 0-4 Dumbría B
Corme 8-0 Muxía
Coristanco 1-3 Baio

Liga Galega Cadete, xornada 15

Lugo 4-1 Santa Comba
Bergantiños 4-1 Imperator

Segunda cadete, xornada 14

Dumbría 2-1 Cabana
Corme 3-0 Outes
Esteirana 5-1 Muros
Con. de Carnota 3-6 Cee
Malpica 1-3 Ponteceso
Fisterra 6-4 Coristanco
Bergantiños B 2-4 Baio

Segunda infantil, xornada 10

Zas 11-1 Muxía
Con. de Carnota 1-5 Bergantiños B
Dumbría 5-2 Cabana
Esteirana 8-0 Outes
Santa Comba 4-2 Club Cee
Coristanco 0-0 E.M.F. Vimianzo
Baio 2-4 E.D. Os Miudos

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios