Sábado. 18.05.2024
El tiempo

1ª Autonómica: 2 equipos da Costa en ascenso

1ª Autonómica: 2 equipos da Costa en ascenso
Segunda semana do ano e a Costa da Morte prántase con 2 equipos en ascenso. E xa toman en serio esto de chegar a Preferente os Cee e Xallas. Tanto José Manuel Pato como Iván Cancela, ambos cos pés no chan, miran cara arriba unha vez pulsado o nivel da liga. Esta semana o Cee acusaba o cansanzo do encontro de reis, pero malia caer na casa mantén o liderato. O Xallas vencía en San Tirso, e se coloca 3º empatado a puntos co Olímpico na segunda praza e a 1 só punto dos ceenses. Completaron a mala semana os Zas e Dumbría. Os de Claudio Casal miran para a canteira e ata 6 xuvenís formaron no 11 que caeu ante o Vizoño, dando boa imaxe, iso si. Os que non deron a súa mellor versión foron os de José Canosa, que caían estrepitosamente en Arteixo.

San Tirso - Xallas (1-2)

  • Xallas: David, Rubén Forján, Iván Forján, Pica, Álvaro, Brais (Ricardo, min.66), Adrián Prol (Pereiro, min.56), Jesús, Adrián Beiroa, Toni, Leo (Roberto, min.73).
  • Goles: 1-0, min.18; 1-1, min.22: Adrián Beiroa de penalti; 1-2, min.40: Adrián Prol tras un rexeite.
Vitoria traballada e intensa nun campo pequeno a do Xallas. E "houbo que batallar", como sinalaba o propio Iván Cancela. Saíron moi enchufados os xalleiros pero recibiron un gol aos 20 minutos. Tivo sorte de recurtar rápido o Xallas por medio de Adrián Beiroa dende os 11 metros. E non parou ata que empatou nunha xogada na que Adsrián Prol cazou un rexeite e a clavou. Na segunda o San Tirso intentouno colgando balóns pero a defensa visitante estivo moi segura eos verdes gañaban cada disputa. Adrián Beiroa e Roberto puideron sentenciar pero foi David o heroe salvando unha ocasión a bocajarro entrando na segunda metade. Ao final, houbo que sufrir, pero os 3 puntos saben a ascenso.

Zas - Vizoño (1-3)

  • Zas: Luis de la Peña, Fabián, Luis Alvite, Dani, Javi Mancebo, Peque, Churía, Ismael, Esteban, Javi Suárez, Capote (Adrián, min.46).
  • Goles: 0-1, min.30: de penalti; 1-1, min.40: Javi Suárez de golazo; 1-2, min.55; 1-3, min.80.
  • Expulsión: Javi Mancebo no min.80.
Boa imaxe dun novo Zas. 6 xuvenís na convocatoria, i é que este equipo queda nas mans da xente da casa, da xente que traballa. Comezou ben o equipo zaense pero o colexiado non axudou obviando dous claros penaltis. Si pitou un a favor dos visitantes á media hora. Javi Suárez marcou un golazo para empatar o choque, pero na segunda, a potencia física dos visitantes botou fóra do partido aos zaenses.

Cee - Perlío (1-3)

  • Cee: Mingos, Rubén Fiuza, Jacobo, Sergio, Fermín (Luilli, min.50), Dani Freire, Chapu, Penedo, Tasky, Llanero e Angeliño.
  • Goles: 0-1, min.50: Moncho de falta tras tocar en la barrera, 1-1, min.60: Tasky; 1-2, min.70 Saracho de penalti; 1-3, min.85: Saracho.
O encontro do xoves foi demasiado pesado para os de Pato, que non puideron celebrar o liderato con vitoria. Manteñen a posición así e todo, pero os despistes defensivos foron claves para a derrota.

Atl. Arteixo - Dumbría (6-0)

  • Arteixo: Periscal, Hugo, Borja (Mante min.67), Zalo, Félix (Maikol, min.74), Adolfo, Nano (Tato, min.70), Chechu, Quin, Rebolo (Pochi, min.63) e Mario David.
  • Dumbría: Anxo, Iván Pequeño, Pablo Conde, Suso, Pablo Serrano, Schuster (Aarón, min.85), Iago, Tantán (Brais, min.46), Eloy (Marco, min.46), Isma e Alberto (Adrián, min.65).
  • Goles: 1-0, min.15: Adolfo, de falta directa; 2-0, min.27: Felix; 3-0, min.46: Quin de cabeza a centro de mario; 4-0, min.50: Mario de penalti; 5-0, min.60: Felix; 6-0, min.70: Quin.
  • Expulsión: Suso (min.60).
Partido para olvidar dos de Canosa. Foi un encontro con dominio total do Arteixo, que foi aproveitando os regalos dumbrieses para ir abrindo a fenda no marcador. E se na primeira metade xa marchaban 3-0, a segunda foi un auténtico suplicio para os costeiros.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios