Xoves. 28.03.2024
El tiempo

7km de sendas peonís nas vías provinciais do Camiño Fisterra-Muxía

7km de sendas peonís nas vías provinciais do Camiño Fisterra-Muxía
Peregrinos andando polas sendas peatonais de Dumbría A Deputación da Coruña rematará en 2019 a construción de sendas peonís en todas as vías provinciais do Camiño Fisterra-Muxía. Así será trala aprobación no pleno da Deputación da Coruña deste venres, dun proxecto de 893.378 euros para a construción de 5,1 novos quilómetros de sendas na DP 5603 (Negreira) que se suman aos 1,7 xa construídos en Dumbría, Muxía e Santa Comba. Deste xeito, serán 6,8 novos quilómetros de sendas na prolongación Fisterra-Muxía do Camiño de Santiago, cun investimento que superará os 2 millóns de euros.

Fonte

  • Deputación.

Comentarios