Venres. 26.04.2024
El tiempo

A Costa da Morte recibe máis de 246.300€ en subvencións nominativas

A Costa da Morte recibe máis de 246.300€ en subvencións nominativas
A Deputacion achega mais de 63.000€ para a reparacion da casa consistorial de Dumbria A Deputacion achega mais de 63.000€ para a reparacion da casa consistorial de Dumbria Tres concellos da Costa da Morte - Dumbría (por partida dobre), Fisterra e Mazaricos - recibirán sendas achegas económicas da man das subvencións nominativas aprobadas onte no pleno da Deputación da Coruña. En total, a bisbarra recibe máis de 246.300€ dos 1,3 millóns que se distribuirán entre 13 concellos da provincia coruñesa. A maior parte destas achegas económicas articúlanse a través de subvencións nominativas, o que xerou un debate no que todos os grupos políticos estiveron de acordo coa inicativa do goberno provincial de “seguir traballando nun plan estratéxico de subvencións da Deputación” que equilibre e organice as asignacións, tal como afirmou o portavoz do PSdeG-PSOE, Julio Sacristán, que subliñou ademáis que as cidades deben presentar proxectos que teñan transcendencia supramunicipal para ser apoiados pola Deputación. O portavoz do BNG, Xosé Regueira, lembrou que só un 0,30% dos orzamentos de 2016, os primeiros elaborados polo goberno PSOE-BNG, destínanse a subvencións nominativas, fronte ao 1,90% contemplado no exercicio anterior, excluído o do Consorcio da Música da Coruña. Tamén subliñou que o compromiso do actual goberno é reducir as nominativas por debaixo do 5% e articular a maior parte das achegas mediante plans de concorrencia competitiva. Dumbría As obras, aprobadas finalmente co apoio de todos os grupos políticos, para a Costa da Morte foron a reparación e acondicionamento da Casa Consistorial de Dumbría. As obras solucionarán os problemas de humidades existentes no interior do edificio, ao mesmo tempo que se redistribuirá ou espazo existente na primeira planta, conservando ou uso actual. Realizaranse os traballos de novas instalacións eléctricas e de fontanaría, mellora da cuberta a base chapa de zinc, cobertura de tella, canalón e baixantes, limpeza de paredes, colocación de guarnición de madeira en portas e xanelas. A fachada será revestida e illada térmica e acústicamente. A Deputación achega 63.989,86 euros que supón o 80% do total - 79.987,33 € -. Tamén en Dumbría, concretamente en Berdeogas, realizaranse as obras de acceso a Gris. Procederase a súa pavimentación con formigón e colocación de lastro de granito en dous treitos do camiño. Asimesmo canalízanse 186 metros con tubaxe de PVC, 6 pozos de rexistro e as mesmas arquetas para ou saneamento. Para o abastecemento de auga se executará a canalización de 681 m de tubaxe de polietileno coas correspondes arquetas. A obra ten unprazo de execución de 6 meses. A Deputación achega 47.588 e que supón o 79,31% do total - 60.000 €-. Fisterra Dentro das subvencións nominativas aprobadas onte polo pleno da Deputación, inclúense tamén as obras de reforma de infraestruturas en San Martiño de Arriba, en Fisterra. A posta en marcha deste proxecto persegue a realización dun plan de acción encamiñado a humanizar os espazos públicos. Para iso realizaranse as obras de soterrado das liñas eléctricas de subministración e das de iluminación con canalizacións enterradas baixo a calzada. Procederase tamén á instalación de varanda metálica galvanizada no muro existente. A Deputación aporta 38.400 euros que supón o 80% do total - 48.000 € -. Mazaricos En Mazaricos, a Deputación subvencionará a subministración de equipamentos para o ximnasio municipal. A subministración de equipamento para a dotación do ximnasio municipal con material de tipo deportivo componse de material cardiovascular, material de musculación, peso libre e crossfit, así como dous desfibriladores. Tamén se dota ao inmoble de material informático con 3 computadoras, impresora, software de xetión, e material audiovisual. As instalacións serán melloradas coa instalación dun sistema de ventilación e climatización. A Deputación aporta 96.408,47 € que supón o 80% do total - 120.510,59 € -. Novas relacionadas Fonte  

Comentarios