Venres. 19.04.2024
El tiempo

As Bibliotecas de Dumbría cobran vida por outono

OUTONO 2021 BIBLIOTECAS Obradoiros e actuacións Dumbria 2021
As Bibliotecas de Dumbría cobran vida por outono

Tras un verán tremendamente axitado, o Concello de Dumbría prepara un completo programa para este outono nas Bibliotecas. A través da rede Ler conta Moito o Concello prepara 9 sesións pensadas para a rapazada, que se realizarán nas diferentes bibliotecas os venres e sábados ás 18:30h.

As citas xa comezan esta mesma fin de semana, pois Pedro Brandariz vén disfazado de Mécido de Familia este venres 24 á Casa da Cultura de Olveira. O sábado será Cristina Collazo a que leve o seu espectáculo músico-teatral a Berdeogas.

A primeira fin de semana de outubro está adicada ás mulleres científicas. A segunda a protagonista será Marta Ortiz levando historias a Berdeogas e Oliveira. A mediados de mes haberá contos de igualdade, e o 23 volverá Pedro Brandariz a Buxantes cos seus “Heroes e Heroas”.

Comentarios