As Bibliotecas de Dumbría volven envorcarse cos libros cunha serie de 5 obradoiros para crianzas
07:43 08/04/26
Despois da estupenda acollida que tivo a programación de Semana Santa, con 112 usuarios no conxunto das bibliotecas dumbriesas, continuamos conmemorando o mes do Libro e o Día mundial do libro e o dereito de autor, estendendo a programación especial ao longo do mes, con diversas actividades de fomento da lectura e de promoción do uso das bibliotecas.
O Abril de Libros trae novos talleres ás bibliotecas, coa cofinanciación do programa Ler Conta Moito, da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. Todos os obradoiros se celebrarán ás 18:00 h
- Mércores 15. O Conco. Bestiario animal. Pedras de Papel. Obradoiro con papel (desde os 3 anos)
- Martes 21. Berdeogas. Obradoiro de Maxia. 1, 2, 3... O mago Pedro Bugarín. Obradoiro de maxia (desde os 5 anos)
- Venres 24. Olveira. Obradoiro de Robótica LEGO WeDO. Jóvenes Científicos. Obradoiro de robótica (desde os 7 anos)
- Luns 27. Os Buxantes. Cuncas creativas: imaxinación en cerámica. Muxiarte. Obradoiro de decoración de cuncas de cerámica (desde os 2 anos)
- Xoves 30. O Ézaro. Obradoiro de xoguetes de cartón e papel. Obradoiro con cartón e papel (desde os 3 anos)
Inscricións
O acceso a todas estas actividades é gratuíto e de aforo limitado, polo que será necesario realizar a solicitude de praza cubrindo este formulario.