Xoves. 02.05.2024
El tiempo

O BNG dumbriés pide máis participación na vida política municipal

Imaxe do pleno de organizacion do de Dumbria 2023
Imaxe do pleno de organización de setembro
O BNG dumbriés pide máis participación na vida política municipal

O grupo municipal do BNG de Dumbría vén de rexistrar no concello dúas mocións para que se teñan en conta no vindeiro pleno ordinario, o 4 de xaneiro.

Unha delas versa sobre o Regulamento de Participación Cidadá, coa intención de “facer un concello máis participativo e democrático”. Xa en anteriores plenos este grupo presentou dous rogos, un para pedir que os plenos se celebrasen a unha hora axeitada para facilitar a asistencia dos veciños, e outra para pedir que os plenos fosen retransmitidos.

POS 2024

A outra moción presenta propostas recollidas das demandas veciñais para que se teñan en conta no plan de obras e servizos do 2024.

• Tratamento de augas residuais en Sarteguas. • Arranxo da pista forestal das Portelas (San Crimenzo) • Revisión e rebacheado da estrada que vai dende Olveiroa ata a presa do encoro de Castrelo • Arranxo da pista forestal que vai dende Xestosa ata a estrada do Brazal. • Recuperación do camiño que vai dende a estrada AC-552 á altura da ponte do Fragoso ata Folgosa. • Revisión do sistema de drenaxe de augas pluviais de Santa Uxía. • Acondicionamento para senda peonil do treito de estrada provincial DP-3404 á altura do lugar novo do Logoso, na marxe onde están situadas as vivendas. • Arranxo da pista forestal que vai dende Rebordelo ata a pista das Neves- San Pedro Mártir.

Comentarios