Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A cativada de Ézaro e Muros achegouse á tecnoloxía coa visita da caravana do Roteiro Maker

Roteiro Maker en Muros 2
A caravana do Roteiro Maker na praza do Curro de Muros
A cativada de Ézaro e Muros achegouse á tecnoloxía coa visita da caravana do Roteiro Maker

Fin de semana científico-tecnolóxico o que disfrutaron unha vintena de rapaces do Ézaro e Muros. A caravana do proxecto Roteiro Maker vén realizando o seu particular Camiño Xacobeo fomentando o achegamento das novas tecnoloxías á cativada do rural galego.

Os que se apuntaron (non é necesario facer inscrición previa) puideron realizar talleres gratuítos sobre impresión 3D, electrónica básica, programación, robótica ou realidade aumentada, mesturando estas tecnoloxías coa cultura propia do lugar e a súa relación co Camiño de Santiago.

Aos talleres asistiu un público numeroso, formado tanto por nenos como por adultos que se achegaron con curiosidade e diversión, xa que os contidos se adaptan a todas as idades e se ofrecen nun formato totalmente innovador e divertido. Os asistentes destacaron sobre todo a novidade das tecnoloxías, as posibilidades que ofrece a súa aplicación e a dinámica dos talleres.

Roteiro MakerRoteiro Maker en Ezaro
A furgo no ÉzaroRoteiro Maker en Muros
Os peques de Muros

Aquí vemos o resumo da súa visita á Fundación Eduardo Pondal o ano pasado:

Comentarios