Venres. 19.04.2024
El tiempo

Detidos os dous presuntos autores de 21 roubos en coches na Cascada do Ézaro

Detidos os dous presuntos autores de 21 roubos en coches na Cascada do Ézaro
Coches nos accesos a Cascada do ezaro Coches nos accesos a Cascada do Ézaro

O pasado mes de decembro, cando en días festivos a Cascada do Ézaro recibía máis visitantes, houbo unha ondada de roubos no interior dos coches estacionados. A Garda Civil comezou a recibir denuncias de diferentes partes de Galicia eses días. Os roubos producíanse os fins de semana e días festivos, aproveitando que os visitantes da cascada deixaban as súas pertenencias dentro dos vehículos.

Para cometer os feitos, os autores só necesitaban dous minutos nos que fracturaban unha fiestra e subtraían os efectos de valor que se atopaban a vista.

A Benemérita intensificou as labores de vixilancia e contou coa colaboración de Policía Local de Cee, puidendo identificar aos ocupantes dun vehículo como presuntos autores dos roubos.

Esta semana, Equipo Roca da Compañía da Garda Civil en Carballo procedeu á detención de dous veciños de Coristanco como presuntos autores de 21 delitos de roubos con forza en interior de vehículo.

Comentarios