Digno papel dun mermado CDM Piragüísmo Dumbría no río Tea
O río Tea ao seu paso por Mondariz Balneario acollía o comezo da tempada de piragüismo a nivel nacional, cun río cun caudal moi alto a causa das fortes choivas de todo a fin de semana e cunha participación a nivel número de participantes por ríba das expectativas.
Non faltaron os deportistas do CDM Piragüismo Dumbría, a pesar de que algúns tiveron que quedar en Dumbría porque non chegaron a tempo os resultados de varios test. Si puideron ir Jorge Quintáns e Marcos Sánchez na categoría Sub23, e Brais Sánchez e Martín Fernández na xuvenil, aínda sendo todavía cadetes de primeiro ano.
Tanto Jorge coma Marcos realizaron mangas de moito mérito, demostrando que están en mellor forma do que eles mesmos creían respecto os demais participantes, o que os clasificaba 11º e 15º respectivamente na categoría sénior, e en bos postos dentro da súa categoría sub23, o que lles poden permitir o pase os selectivos para o equipo nacional.
Pola súa banda, Brais e Martín facían un moi bo traballo tendo en conta que viñan coa intención de aprender, pero clasificándose entre os 5 mellores cadetes a pesar de ser de primeiro ano.
Jorge Quintáns
A vindeira proba tera lugar na vila Lleidana de La Seu d ́Urgell xa o vindeiro 6 de Marzo.