mércores. 30.04.2025
El tiempo

Dous excarcerados nun accidente no cruzamento de Dumbría

accidente na AC552 en Dumbria
Dous excarcerados nun accidente no cruzamento de Dumbría

Esta mañá rexistrouse un novo accidente nun dos puntos negros da AC-552. Dous vehículos sufrían un choque frontal no cruzamento de Dumbría (no km.81) tendo que ser excarceradas polos Bombeiros e trasladadas en ambulancias as dúas pesoas condutoras de cada vehículo. Outro ocupante tamén tivo que ser trasladado ao Hospital Virxe da Xunqueira.

Acodiron tamén ao sinistro membros de Protección Civil de Dumbría, de conservación de vías e da Garda Civil de Tráfico.

Comentarios