sábado. 07.12.2024
El tiempo

Dúas persoas feridas en sendos accidentes acontecidos en Dumbría e Malpica

Accidente Arquivo
Imaxe de arquivo dun accidente.
Dúas persoas feridas en sendos accidentes acontecidos en Dumbría e Malpica

Dúas persoas resultaron feridas en sendos accidentes de tráfico rexistrados este luns nos municipios coruñeses de Dumbría e Malpica de Bergantiños.

Arredor das 8:00h tivo lugar un choque entre dous vehículos, no quilométrico 85 da AC-552, en Salgueiros en Dumbría. Unha persoa necesitou asistencia sanitaria. Ademais, tiveron que habilitar un desvio.

Paralelamente, arredor das 10:00h, rexistrouse outro accidente en Malpica Malpica. Tratouse dunha saída de vía nas Cortes-Cerqueda, e foi o 061 o que avisou a Emerxencias.
Neste caso, rexistrouse unha persoa ferida, e ademais dos efectivos sanitarios, participaron na intervención Garda Civil, Policía Local, GES de Ponteceso e Bombeiros de Carballo.

Comentarios