Dumbría abre o prazo para anotarse no programa de actividades do verán
 
    08:05 06/06/18 
             En Dumbría veñen de abrir o prazo de inscrición nas distintas actividades dirixidas a nenos e nenas a partir dos 5 anos e que se desenvolverán durante os meses de xullo e agosto nas instalacións do Conco. As distintas actividades realizaranse entre as 11 e as 13 horas e o concello poñerá un servizo de transporte polas parroquias.
Obradoiros de manualidades, reciclaxe, cociña, experimentos, animación á lectura, contacontos, cursos de natación,... son algunhas das actividades que oferta o concello dumbriés. Os/as interesados/as en participar poden anotarse ata o 21 de xuño a través do número de teléfono 981 744 001.
 
Novas relacionadas
Fonte

- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)