mércores. 03.06.2026
El tiempo

Dumbría acolle unha xornada formativa sobre o eclipse con Óscar Blanco

XORNADA ECLIPSE DUMBRÍA copiOscar Blanco
Dumbría acolle unha xornada formativa sobre o eclipse con Óscar Blanco

O Concello de Dumbría organiza para o vindeiro xoves 11 de xuño unha xornada formativa centrada na preparación para a eclipse solar que terá lugar en agosto. Esta xornada dará inicio á conta atrás para a eclipse, que viviremos en tan só 2 meses.

A charla “ECLIPSE SOLAR. UNHA OPORTUNIDADE ÚNICA?” será impartida polo divulgador científico Óscar Blanco. Coñecido no mundo do astroturismo como “cazador de eclipses” pois viviu 9 eclipses totais. Unha experiencia única para a maioría, pero repetida por só uns poucos dos apaixonados na materia con dispoñibilidade para viaxar e ir en busca delas.

Óscar Blanco Varela (@artabrorum) é o Director do Centro Astronómico de Trevinca, Presidente da Agrupación Astronómica Coruñesa IO, Astrofotógrafo, Divulgador Astronómico, Monitor Starlight e colaborador habitual da emisora Onda Cero Coruña, entre outras cousas. De feito, conta con máis de 25 anos de experiencia.

O contido da charla fundamentarase na experiencia propia de Óscar vivindo outras eclipses, explicará a excepcionalidade da eclipse solar de agosto, a diferenza entre as eclipses totais e parciais e informará sobre cómo gozar desta experiencia única dunha maneira segura.

Trátase dunha xornada de formación gratuíta e de acceso libre ata completar aforo.

Comentarios