xoves. 14.11.2024
El tiempo

Dumbría redescobre as Terras de Vákner

Encontro Internacional do Vakner un monstro no Camino a Fisterra e Muxia en Dumbria
Dumbría redescobre as Terras de Vákner

Xa nos contaran, ben polo miúdo, a súa hipnótica historia tanto o José Antonio de la Riera como Martiño Nercellas (ambos son partícipes do que segue). Pero a figura do Vakner, ese misterios monstro medieval do Camiño de Fisterra e Muxía, ten aínda moito que descubrir.

Desa búsqueda da simboloxía, e posta en valor do Camiño, nace o I Encontro Internacional Vákner, que artella o Concello de Dumbría, co gallo do Xacobeo, os vindeiros 18 e 19 de outubro no Salón de Actos do Albergue de Peregrinos do Conco.

Un encontro cheo de especialista para adentrarnos nunha das épocas de meirandes cambios da historia da humanidade, e descubrir a fermosa lenda acontecida nas terras nerias aló polo século XVI. #ViveoVákner, reza o lema da proposta cultural.

Programa

O venres 18 de outubro será Cecilia Pereira, Comisaria do Ano Santo 2021, a que abra o Encontro, xunto ao carballés Xosé Regueira, e o alcalde dumbriés José Manuel Pequeño Castro. Farán a presentación do Proxecto ‘Terras do Vákner’ e farase a primeira proxección do audiovisual temático.

A primeira entrega será da man de Fernando Alonso Romero (catedrático xubilado de Filoloxía Inglesa na USC) que versará sobre o “límite da terra e o mar”. Aurora lestón Mayo (doutora en Filoloxía Inglesa), repasará o medo que xerou este monstro. Trala pausa será Ignacio Iñarrea las Heras (catedrático de Filoloxía Francesa na Universidade de La Rioja), os que conte o longo percorrido do Mártir bispo de Arzendjan e o seu curto encontro co vákner. Antes de comer Alfredo Eiras (director do Museo das Mariñas Betanzos), falará do gótico galego na época.

Pola tarde será o turno de Javier Castroviejo (ex director da Estación Biolóxica de Doñana (CSIC) e do programa MaB da Unesco) falará do lobo, xusto antes de que o noso fisterrán Martiño Nercellas o que fale das encarnacións do vákner revisando o artigo publicado en QPC.

O venres pecharase cunha mesa redonda co muxián Manuel Vilar (Director do Museo do Pobo Galego; Francisco Singul (Xefe do departamento de Cultura Xacobea da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo) e o propio José Antonio De la Riera, fundador da Fraternidade Internacional do Camiño de Santiago.

Para o sábado 19, Bernard Soulier (creador e director do Musée Fantastique de la Bête de Gévaudan (Saugues), abrirá as ponencias explicando a experiencia divulgativa ó redor da besta de Gévaudan.

Ás 11:30h haberá unha presentación máis completa do proxecto Terras do Vákner, con Antón Pombo, coordinador do proxecto “Terras do Vákner”, Cándido Pazos, autor da escultura do Vákner, e David García Rey, director de Galo Publicidade.

Ás 16:00h haberá Visita guiada polas “Terras do Vákner”, dende Centro de Información ao Peregrino no Hospital do Logoso pasando polo Lugar de Marco do Couto, a Igrexa de San Pedro de Buxantes, a Pedra do Brazal, e a Fervenza do Ézaro.

Artigos relacionados

Outros artigos de José Antonio de la Riera

Comentarios