Comezan as obras da Planta de Carbón Vexetal de XEAL tras recibir a autorización da Xunta
XEAL vai comezar as obras da Planta de Carbón Vexetal nas instalacións da súa fábrica de Dumbría trala aprobación do proxecto por parte da Xunta como proxecto industrial estratéxico.
A nova planta permitirá substituír entre un 15% e un 40% do carbón fósil utilizado como axente redutor na produción de ferroaleaciones por carbón vexetal, contribuíndo así a unha significativa redución de emisións de gases de efecto invernadoiro (GEI).
Cun investimento total de máis de 25 millóns de euros, dos cales 8,7 millóns proceden do PERTE de Descarbonización, a planta terá capacidade para producir entre 11.000 e 14.000 toneladas de carbón vexetal ao ano.
A compañía, que prevé finalizar a súa construción en xuño de 2026, lembra que ten tamén en marcha o proxecto para producir ferrosilicocromo na súa planta de Cee; así como a polémica central hidráulica reversible de Monte da Ruña, asumindo xa como propio o proxecto.





