Dumbría tamén aposta polo Teatro
Tremendo o Concello de Dumbría. Ademais da súa aposta polo deporte, agora parece que quere convertirse nunha referencia en materia cultural, e colle o relevo da finada Mostra de Teatro de Cee para armar as “I Xornadas de Teatro Dumbría a escena”. Unha proposta que, de seguro, ten continuidade e de aquí a uns anos estamos falando de cita clave no de verán costeiro.
Serán dúas fins de semana, do 22 ao 31 de agosto, de teatro para todos os públicos:
As Xornadas serán os días venres 22, sábado 23 e domingo 24 de agosto, contando con grandes do teatro galego, con espazo tamén para os máis pequenos. O lugar, a Casa da Cultura de Olveira
Así, o venres ás 21:30h, será o coñecido Xosé A. Touriñán, a Mucha das Cantareiras de Ardebullo, o que traia o seu monólogo de “Manolo Lojo”, coas risas aseguradas.
O sábado 23 será un día completo, e arrincará pola mañá cun Obradoiro infantil de iniciación ao clown, ás 11:00h e mais ás 17:00h.
Ás 12:30h os peques poderán visitar a Biblioteca dos Libros Perdidos de Fanfarra Títeres.
E xa ás 21:30h, toca a hora dos maiores coa obra de Cándido Pazó “As do Peixe”, de Abrapalabra, con 4 actrices de primeira orde.
Para o domingo 24 quédanos outra obra para os maiores, A ratoeira, do Aturullo de Melpómene, un dos grandes grupos galegos do momento.
Encarando xa a segunda fin de semana destas xornadas acollendo a Mofa e Befa, a Talía Teatro e tamén ó teatro afeccionado, da man da Escola Municipal de Muxía.
O venres 29, ás 21.30h será a actuación de de MOFA E BEFA, que saen a escena con "Cociña Económica", Sketch no que se recrea un plató de Televisión onde se está gravando un programa de cociña. O lema do programa é: Todo se come, nada se tira.
O sábado 30 obradoiros e máis teatro para tódolos públicos, cun Obradoiro infantil de construción e iniciación aos malabares. Haberá dúas sesións, a primeira delas de 11:00 a 12:30 h. e, pola tarde, reanúdase a actividade de 17:00 a 19:00 h.
Ás 12:30h. o público infantil tén unha cita con TALÍA TEATRO, que sobe ás taboas con "XANGO, a moi extraordinaria historia do home que foi engulido por unha máquina". E ás 21:30h, a compañía costeira achégalle ó público maior de 14 anos o espectáculo "Demolición".
O domingo 31, ás 21:30 h, pecharanse as xornadas "Dumbría a escena", dándolle cabida ó teatro afeccionado da comarca. A Escola Municipal de Teatro de Muxía, dirixida por Artur Trillo (Talía Teatro), interpreta "Maribel e a estraña familia", de Miguel Mihura.
Así que xa sabes, se es un amante do teatro, vén a Olveira! Dumbría co Teatro