Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Ézaro e Muros recibirán o RoteiroMaker, unha proposta que mestura cultura, turismo e tecnoloxía

Roteiro Maker DUMBRÍA - baixa copia
O Ézaro e Muros recibirán o RoteiroMaker, unha proposta que mestura cultura, turismo e tecnoloxía

Se ti es, ou queres ser, un #maker (Maker ou facedor é unha persoa que une o coñecemento técnico cun alto potencial creativo), este é o teu momento! Se queres aprender robótica, impresión 3D, realidade aumentada… únete ao proxecto Roteiro Maker. Unha iniciativa que intenta achegar a ciencia e a tecnoloxía ás zonas rurales e semi-rurales de Galicia, ofrecendo diferentes talleres gratuitos para todos os públicos e nun formato innovador e divertido.

A #furgomaker que pasará polo sur da comarca a vindeira semana. O vindeiro día 13 estarán en Outes, na Praia da Broña, e día 20 farán o propio pola mañá no Ézaro (Dumbría) e pola tarde en Muros.

Non tes máis que achegarte á hora correcta, unirte ao equipo e aprender durante 2 horas.

Aquí vos deixamos un exemplo do seu paso pola comarca de Bergantiños:

Comentarios