Venres. 29.03.2024
El tiempo

Fermosa noite vermella de San Xoán

Fermosa noite vermella de San Xoán

Non houbo sardiñas (caras e escasas), pero si churrasco (ata 100 quilos no Ézaro...), e cacharelas de primeira. A Costa da Morte encheuse de lume para celebrar un San Xoán, que nos últimos anos se está converindo xa en toda unha institución. As cachelas, cada cal máis xigante, serviron para que as praias se encheran de cor, nunha noite máxica de conxuros e lendas.

A noite presentábase ben fermosa, e non defraudou. Unha noite na que sempre pasan cousas curiosas, a noite máis curta do ano, que dá pé as marabillas máis curiosas. Ademais, o feito de ser sábado e poder durmir ao día seguinte e poder erguerse con tempo para lavar a cara coas 7 herbas do San Xoán, permitiu que a festa se alongase. E todo, compaxinado coa vitoria de España a Francia na Eurocopa, que tinguiu de "Rojo" o lume, e o churrasco...

A familia QPC escolleu o Ézaro para celebralo. Desta volta non houbo blues, pero si unha banda de gaiteiros de Mazaricos que ben gañaron o pan. E houbo cacharela, non un barco enteiro como o ano pasado, pero xa daba abondo para unhas cantas horas de lume, como podemos comprobar neste fermoso vídeo que nos manda Edita Cambeiro.

E houbo tempo para algunha sorpresa. I é que mentres prendían a cacharela, baixo a fervenza do Xallas unha ducia de piragüistas de todo o país mantiñan unha xuntanza da man do Piragüismo Dumbría para celebrar a noite e adestrar á luz da lúa. Ata a fervenza, que non acenderá o seu alumeado nocturno ata mediados de xullo, recibiunos así.

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios