Luar na Lubre sumérxese nos bosques de Dumbría co Vákner

Luar na Lubre presenta o avance do seu novo disco con influencia costeira

En plena corentena, son moitas as bandas que aproveitan para publicar os seus novos traballos. É o caso de Luar na Lubre, que volve cunha aposta chea de Costa da Morte. Xa presentaron no Luar como soa o novo traballo, e este venres estrean na rede un dobre adianto do seu novo álbum, “Vieiras e vieiros. Historias de peregrinos”.

Un dos temas escollidos para presentar o proxecto é o “Mártiros e o Vákner”, que aborda a lenda do peregrino armenio nos montes de Dumbría e que se está convertíndose en motor turístico do Camiño Fisterra-Muxía. O tema “Benvidos”, coa voz de Miguel Ríos por primeira vez en galego, completa o avance deste 19º disco da banda.

Un traballo que explora os escritos, as lendas, as sonoridades e as pegadas que os peregrinos deixaron a través dos múltiples sendeiros que conforman o Camiño de Santiago ao seu paso por Galicia. O disco conta co apoio da Xunta de Galicia a través do programa O teu Xacobeo.

Os singles están dispoñibles desde hoxe nas plataformas dixitais (Spotify, Amazon, iTunes, Deezer e Tidal).

Novas culturais para pasar a #Corentena

Novas do Vákner

Novas de Luar na Lubre