Venres. 26.04.2024
El tiempo

Luar na Lubre celebra os seus trinta anos cun novo disco

Luar na Lubre celebra os seus trinta anos cun novo disco
presentacion disco luar na lubre Esta mañá presentouse en Cosmpostela o último Carballeira de Zas, Fisterra, Muxía,... son moitos os lugares da Costa da Morte os que pisou Luar na Lubre ao longo dos seus 30 anos de traxectoria. Unha parte da bisbarra está no último disco da banda folk que acaba de presentar esta mañá. - En "XXX aniversario. Selección especial de temas" a formación conmemora tres décadas ofrecendo dous cedés recompilatorios nos que recolle 15 pezas pertencentes á discografía editada ao longo destes anos. O traballo presentouse esta mañá en Santiago de Compostela nun acto no que estivo presentes o secretario xeral de Política Lingüística - Valentín García - acompañado de catro dos integrantes de Luar na Lubre, Bieito Romero, Antía Ameixeiras, Xan Cerqueiro e Patxi Bermúdez, e mais polo músico Emilio Cao, compositor do coñecido tema "Fonte do Araño", recollido no traballo. Tres décadas de compromiso  Luar na Lubre, integrado polos músicos Bieito Romero, Paula Rey, Antía Ameixeiras, Patxi Bermúdez, Pedro Valero, Xavier Ferreiro e Xan Cerqueiro, fundouse no ano 1986 na Coruña coa vocación de desenvolver e dar a coñcer a música e a cultura galegas a través dun repertorio baseado nomeadamente en músicas de raíces galegas. Ao longo da súa carreira leva vendidos máis de 300 000 exemplares dos seus álbumes ("Plenilunio" e "Cabo do mundo" foron discos de ouro) e recibiu, entroutros recoñecementos,nove premios da música (concedidos pola Academia das Artes e as Ciencias da Música), dous premios Luar (outorgados polo programa homónimo da televisión pública galega) e un Premio Ideal (concedido por El Ideal Gallego). Nestes 30 anos, Luar na Lubre ofreceu máis de 1000 concertos en máis de 23 países e participou nos principais festivais Word Music canda a artistas internacionais de primeiro nivel como Mike Oldfield, The Waterboys, The Corrs ou Bob Geldof. A xira de presentación deste novo traballo inclúe, desde xaneiro, concertos nos concellos galegos de Santiago de Compostela, A Coruña, A Estrada e Moeche; e, no exterior en Zamora, Almería, Granada, Sevilla, Ponferrada, Madrid, Cuenca, Porto e Lisboa (Portugal) e mais México.  

Entrevistas con Luar na Lubre

Máis información

Luar na Lubre na Costa da Morte

Fonte

Comentarios