A RAG celebra o 142 aniversario de López Abente compartindo varios poemas póstumos

A tempestade
(…)
A rexa tempestade, o vento fero
e o mar que se retorce e ruxe de ira
non son capaces de torcer a senda
que sigue a barca miña.
É forte o corazón, o brazo é forte
i-o amor mais forte ainda.
Corre ben, negra barca, que o meu faro
coma unha estrela brila!
Meu amor, meu amor,
cara ti vou axiña!
- Fragmento do poema “A tempestade”. Reproducido a partir do mecanoscrito de Bretemada.
Boa inciativa da Real Academia Galega, que este 24 de marzo celebra o nacemento de Gonzalo López Abente en 1878, compartindo varios poemas póstumos. A institución vén de completar a dixitalización das composicións que conserva do poeta muxián, agora dispoñibles en liña para todo o público a través do Arquivo Dixital de Galicia.
López Abente, considerado o poeta do mar por outro ilustre galego como Vicente Risco, “foi sempre un namorado dos silencios de Muxía, dos poentes enxergados dende a soleira da Nosa Señora, dos calmos paseares polas praias e costas e as terras que a ilas deitan pautadas por os ríos calados. A xeografía poética de López Abente alóngase pouco, afonda moito e tén a Muxía por síntesis, chave e rosa", como o despedía Ramón Otero Pedrayo na necrolóxica publicada no Boletín da Real Academia Galega tras a súa morte en 1963.
A Academia lembra o poemario editado en 1971 co gallo do Día das Letras Galegas celebrado ao seu nome: Monza de frores bravas para Nosa Señora da Barca, quince composicións dedicadas á virxe muxiá que Gonzalo López Abente lle entregara ao académico e daquela presidente da institución, Sebastián Martínez-Risco, en 1960.
Catro décadas despois sairía do prelo “Bretemada”, unha edición ao coidado de Miro Millar que reproduce cen poemas escritos entre 1917 e 1922. O fondo documental do creador de Muxía na RAG inclúe tamén outros poemas que foron igualmente dixitalizados, completando así o traballo previo de catalogación e descrición desenvolvido polo arquivo.
Artigos sobre López Abente
- Miro Villar (2019): No centenario da novela curta 'O diputado por Beiramar' (1919), de Gonzalo López Abente.
- Miro Villar (2019): Esta é noite de Nadal!, un poema de Gonzalo López Abente.
- Miro Villar (2017): Efémeride: No 139 aniversario do natalicio de Gonzalo López Abente.
- Miro Villar (2017: «O pino de Corcubión», un poema de Gonzalo López Abente.
- Miro Villar (2011): Unha viaxe pola metonimia galega a través da Bretemada de López Abente.
Novas relacionadas
Novas sobre os Premios López Abente
- 2013: Fin de semana Abentina, peregrina e literaria en Muxía.
- 2013: Unha Unidade Didáctica para coñecer quen é López Abente na escola.
- 2013: Música, flores, escultura, pintura e moita poesía polos 50 anos sen López Abente.
- 2013: 50 aniversario do pasamento (I): Homenaxeando ao poeta dende “O meu mar”.
- 2012: Muxía recupera a prosa salgada de López Abente.
- 2012: En marcha a obra completa de López Abente.
- 2012: A Bretemada de López Abente finalista do Premio Ánxel Casal.
- VI Premio (2019): Ana Varela Miño leva o VI Premio de Poesía Gonzalo López Abente.
- V Premio (2018): Noelia Gómez publicará o seu primeiro libro tras vencer o V Premio de Poesía Gonzálo López Abente.
- IV Premio (2017): Eli Ríos gaña o IV Premio de Poesía Gonzalo López Abente.
- III Premio (2016): A Fundación López Abente premiou a viaxe ás nosas aldeas de Emma Pedreira.
- II Premio (2014): A Fundación López Abente presentou o poemario do seu II Premio de Laureano Xoaquín Araujo.
- I Premio (2013): Daniel Salgado leva o compromiso aos versos gañadores do I Premio de Poesía López Abente.