venres. 05.12.2025
El tiempo

O Nadal dumbriés vive nas cinco Casas Culturais

Nadal Dumbria 2025
O Nadal dumbriés vive nas cinco Casas Culturais

Xa chegou a progamación de Nadal no concello de Dumbría. Do 15 de nadal ao 5 de xaneiro haberá unha marea de actividades. Ao longo de todo o Nadal, as cinco Casas Culturais do Concello de Dumbría estarán abertas, con horarios complementarios, mañá e tarde, para favorecer a conciliación das familias.

Arrincarán as accións coa visita de Papa Noel ás aulas municipais de informática. Do 15 ao 19 haberá tamén talleres infatís de manualidades con madeira e de cociña.

Todas as tardes haberá actuacións repartidas polas casas culturais: circo, teatro, contacontos, música, maxia...

O día 29 celébrase a festa infantil de Nadal nas instalacións do Conco - Dumbría. Ao longo de toda a xornada, os pequenos gozarán de obradoiros de manualidades, xogos, música e talleres de circo. (Necesaria inscrición).

E coma sempre, a tarde do 5 de xaneiro, os Reis Magos visitarán as 5 casas culturais municipais.
 

Comentarios