Novas accións de xardinería na recta final do Obradoiro de Emprego Proturismo2017


O Obradoiro de Emprego Proturismo2017 promovido polos Concellos de Santa Comba, Mazaricos e Dumbría e subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, está chegando a súa fin.
A falta de pouco mais dun mes para o remate, o alumnado da especialidade de Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes do Obradoiro de Emprego Proturismo2017 está realizando tarefas de mantemento na actuación situada na parroquia de Olveira en Dumbría.
Entre as tarefas que levaron a cabo destacan a plantación de distintas especies que darán un toque de cor a praza, recentemente reformada.
Pola súa banda, o alumnado da especialidade de Promoción turística local e información ao visitante está apurando as últimas semanas para deixar preparado material turístico dos concellos de Santa Comba e Dumbría e os inventarios de recursos dos tres concellos entre outros proxectos.
