O PP dumbriés pregunta polas supostas irregularidades urbanísticas
O PP de Dumbría formalizara fai uns meses unha querella contra o alcalde, a quen acusou dun presunto delito de falsedad documental e prevaricación contra a ordenación do territorio logo da "legalización" dunha nave industrial construída na parroquia de Olveira. O xulgado nº1 de Corcubión vén de abrir dilixencias por esas presuntas irregularidades urbanísticas, dentro dos trámites habituais.
Hoxe, recupera o asunto o grupo opositor, e esixe ao alcalde que dea explicacións, criticando ademais que "unha mesma empresa asuma o 90% da obra pública en Dumbría".
"O alcalde fixo constar falsamente que a nave fora construída antes do 1 de xaneiro do ano 2003 para, supuestamente, poder legalizala", asegura o voceiro popular Ramiro Iglesias.
E ademais, o Partido Popular de Dumbría tamén presentou no xulgado nº1 de Corcubión unha instancia para que se investigue un "presunto delito de tráfico de influencias e cohecho por parte do alcalde de Dumbría", xa que, segundo Igrexas, "xa no ano 2010 adxudicou a esta mesma empresa 700.000 euros en obras, dos cales 300.000 foron para o saneamiento na zona de O Ézaro", algo que "é difícilmente xustificable".
Fonte
- Nota de prensa do PP de Dumbría.