Os alumnos do Cole de Dumbría arrincan a súa viaxe literaria pola Semana do Libro
Xa estivemos aló o ano pasado. Pero é que cada curso, a Semana do Libro no Colexio de Dumbría é toda viaxe literaria. Dende hoxe, 22 de abril, e ata este venres 25 (o Día do Libro é o mércores 23) , 6 escritores da zona participarán en sendos talleres nesta 5ª edición da proposta que organiza o mestre Daniel Mato.
E son varios os autores que repiten, i é que parece que o pasan ben, tanto os alumnos coma os escritores, con estas sesións de contacontos.
Arrinca a Semana hoxe coa veciña ceense María Lado, que estará cos rapaces de 2º ciclo pola mañá, facendo arte cas palabras.
Repite, e encantado da vida, o ceense afincado en Muxía Suso Bahamonde, cos de 1º ciclo. , así que estaremos atentos a ver que artella este ano.
O xoves hai doble sesión pola tarde, primeiro os de 3º ciclo co cabanés Miguel Anxo Mato, e de contado os de 6º curso co costeiro Artur Trillo, xa nunha cita máis enfocada ao teatro, tentando abrir o abano das artes aos cativos.
Será, como o ano pasado, a poeta ceense Rocío Leira a que peche a Semana cos de 1º ciclo cunha sesión creativa na que toda a aula creaba un poema verso a verso, a partir dunah palabra escollida por eles.
Todo un exercicio de imaxinación, de creatividade, de contacto coas artes. que máis dun quixeramos ter experimentado nas nosas vidas estudiantís.
Razóns para ler
E outro dos centros que non deixa pasar a data do Día do Libro é o CEIP Os Muíños, que dende o seu blog, o Ninho da Curuxa, tráennos as razóns para ler que aportan os cativos de 6º de primaria, cumprindo o seu terceiro ano como auxiliares de biblioteca:
Novas relacionadas
- 2013: Unha Semana moi literaria para os pequenos de Dumbría.
- 2013: Aprendendo a disfrutar a arte de escribir de primeira man.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).