O pelotón do Gran Fondo Ézaro tamén superou a proba de Ruña

Volveu convertirse o Gran Fondo Ézaro nun inmellorable escaparate da Costa da Morte. A proba de alto nivel organizada polo Concello de Dumbría mantén a nosa comarca na vangarda ciclista mundial e volver servir de motor económico e poderoso foco de atracción turística.

Este ano completouse un camiño de 101 km polos concellos de Dumbría, Cee. Vimianzo, Mazaricos, Carnota e Muxía. Un dos grandes protagonistas foi Purito Rodríguez, vencedor da primeira etapa de La Vuelta Ciclista a España rematada no Miradoiro do Ézaro, que participou como invitado co dorsal número 1, seguindo as estela de grandes nomes do pelotón internacional que teñen subido ao temido Alto do Ézaro, é esa rampa de Formigón xa coñecida no mundo enteiro.
Pero os gañadores de entre os máis de 400 ciclistas que completaron o percorrido foron Iago Alonso e Alejandra Neira, unha promesa galega de tan só 16 anos xa campiona de España de velocidade. Para ver o nivel, Purito quedou de 185, a máis de 22 minutos de Alonso.

Gran participación local da man, entre outros moitos, do Club Ciclista Dumbría, que meteu a Mario Castro Lado entre os 50 mellores.
Este ano, a gran novidade foi a subida á máxica Ruña, cun tramo de 2,5 km por camiños de terra. Antes, o pelotón partira da Fervenza do Ézaro para enfilar o camiño de Cee, Muxía, saltaba cara Berdeogas e Baíñas, tocaron o Encoro da Fervenza e A Picota, para despois subir ao alto da Ruña, e baixar ata Carnota para afrontar a temida subida no Miradoiro.


O máis importante, que todo saiu ben como recoñece as organización, cun percorrido que gustou moito, e unha atención ao participante inmellorable, contando cunha espectacular churrascada final.
