As Plataformas Vendaval e Salvemos A Ruña defenden o territorio contra a invasión eólica
29 de xaneiro de 2023 (20:06 h.)
Este domingo, a Plataforma Vendaval Costa da Morte uniu forzas coa Plataforma Salvemos A Ruña para achegar ao lugar da Cruz de Logoso (Dumbria) e berrar polo mantemento virxe do monte mazaricán. Trátase da primeira das concentracións continuadas que van facer “por diferentes zonas afectadas e/ou ameazadas por esta invasión colonizadora eólica”.
Levaron apeiros de labranza para simbolizar “a importancia da terra, esa terra que nos dou de comer desde o tempo dos tempos”, por iso queren “defender o territorio con R-uñas e dentes".
NOVAS sobre eólicos
- Xa na rede o documental sobre a riqueza natural da Ruña.
- O debate sobre extractivismo de Corcubión reflexionou sobre o impacto no turismo e no agro
- A Costa da Morte berrou por triplicado “Eólicos Así NON”
- Nace a Plataforma "Vendaval" para loitar contra a invasión eólica