As Plataformas Vendaval e Salvemos A Ruña defenden o territorio contra a invasión eólica
20:06 29/01/23
Este domingo, a Plataforma Vendaval Costa da Morte uniu forzas coa Plataforma Salvemos A Ruña para achegar ao lugar da Cruz de Logoso (Dumbria) e berrar polo mantemento virxe do monte mazaricán. Trátase da primeira das concentracións continuadas que van facer “por diferentes zonas afectadas e/ou ameazadas por esta invasión colonizadora eólica”.
Levaron apeiros de labranza para simbolizar “a importancia da terra, esa terra que nos dou de comer desde o tempo dos tempos”, por iso queren “defender o territorio con R-uñas e dentes".