Martes. 08.10.2024
El tiempo

A Costa da Morte berrou por triplicado “Eólicos Así NON”

Concentracion Eolicos Asi Non Cee 12-22
Concentración no Alto de Miñóns, en Cee. Foto: Juan Louro
A Costa da Morte berrou por triplicado “Eólicos Así NON”

Fon case unha vintena de mobilizacións en toda Galicia as que saíron á rúa esta pasada mañá de domingo 11 de decembro, para berrar alto en contra da vaga de viraventos que asolaga o noso patrimonio natural. Convocados pola Plataforma “Eólica Así Non”, ata 3 concentracións se realizaban na comarca: Unha no alto de Miñóns (Banle, Ameixenda, Cee); outra na praza do Concello de Coristanco (a máis numerosa con presenza de colectivos de Bergantiños, Xallas e Tordoia); e outra nos Penedos de Traba e Pasarela (Vimianzo).

Concentracion Eolicos Asi Non Coristanco 12-22
Concentración na Praza de Coristanco

Aproveitando o Día mundial das Montañas e baioxo o lema “Na defensa das montañas. Eólica Así Non. Temos alternativa”, foron mais de 3.000 as persoas que se deron cita en todo o país.

A xornada serviu para lembrar que son máis de 300 proxectos eólicos que actualmente se atopan en tramitación en terra e mar, e que se sumarían aos preto de 190 parques eólicos autorizados ou en funcionamento. “Estaríase poñendo en risco o equilibrio ecolóxico do noso territorio, así como o fornecemento dos servizos ecosistémicos e comúns que proceden dos ecosistemas montañosos”.

Por iso, consideran necesario “un novo modelo enerxético, por e para o pobo” “iametralmente oposto ao que se está a impoñer por parte do oligopolio eléctrico, en connivencia coas administracións públicas”, “Centos de proxectos que devalúan as economías locais, prexudican a calidade de vida das persoas e degradan as comunidades que vivimos no rural, deteriorando ademais o medio natural, a paisaxe e o patrimonio”.

Son máis de 200 entidades as que asinaron o manifesto.

Concentracion Eolicos Asi Non Vimianzo 12-22
Concentracion nos Penedos
Concentracion Eolicos Asi Non Coristanco 12-22 2
Visión aberta da concentración de Coristanco

Outras NOVAS SOBRE OS PROXECTOS EÓLICOS

Comentarios