Martes. 08.10.2024
El tiempo

Nace a Plataforma "Vendaval" para loitar contra a invasión eólica

Plataforma Vendaval Costa da Morte
Membros fundadores da Plataforma Vendaval Costa da Morte
Nace a Plataforma "Vendaval" para loitar contra a invasión eólica

Nacía esta pasada fin de semana en Ameixenda unha nova plataforma veciñal que pelexará contra a invasión eólica. Diversos mulleres e homes de diversos lugares da Costa da Morte veñen de fundar a Plataforma "Vendaval" Costa da Morte.

”O noso obxectivo fundamental é protexer zonas de especial sensibilidade como Banle ou San Pedro Mártir e preservar territorios virxes de viraventos como os concellos de Fisterra, Corcubión e Cee”, explica Alex López, un dos seus voceiros. “Queremos que esta plataforma sexa un vento a favor que arrastre os intereses especuladores que hai detrás destes proxectos, verdadeiros polígonos industriais hipotecando o futuro da nosa comarca”.

Deixan claro que están a favor das renovables, dando conta da estrana circunstancia de que son os colectivos máis ecoloxistas os que en Galicia se opoñen ao actual modelo eólico de depredación do territorio. “Esta plataforma está a favor das enerxías renovábeis e das comunidades enerxéticas sempre que a planificación sexa con criterios de utilidade de beneficio público, social e económico e sobre todo con criterios dun escrupuloso respecto ao medio ambiente”.

Pronto nos presentarán o seu manifesto.

MAIS NOVAS SOBRE OS EÓLICOS 

Comentarios