Sábado. 20.04.2024
El tiempo
Corcubión

O debate sobre extractivismo de Corcubión reflexionou sobre o impacto no turismo e no agro

Artellou este sábado 26 de novembro a Comunidade EcoSocial Boca de Sapo unha xornada de reflexión e debate sobre o extractivismo e o seu impacto en motores económicos tan importantes na nosa comarca como o turismo ou o agro.

A Capela do Pilar enchíase para acoller unha cita ue arincaba coa ponencia de Taisa Lewitzki, que, presentada por Maria Bella, falou da problemática do eucalito en Brasil, facendo unha viaxe de ida e volta dende o outro lado do Atlántico. 

Tamén houbo unha mesa redonda moderada por Francisco Santiago López, na que falaron veciños e gandeiros da Ruña expoñendo o problema eólico e da estación de bombeo. Tamén falaron empresarios de turismo rural, como Inés das Cabanas Lires, apuntando a importancia da paisaxe e dos ecosistemas como valores fundamentais do negocio turístico común.

Precisamente tamén falou Ángel Rivas, da patronal turística APTCM, facendo unha reflexión sobre a ausencia dunha ordenación do territorio que regule a implantación do extractivismo que protexa adecuadamente os valores naturais e paisaxísticos, apuntando aos Concellos coma factores claves neste tema.

A xornada serviu ademais para estrear o documental sobre A Ruña, e sobre o posible impacto da estación de bombeo que se formula construír na zona.

Ao remate ademais Javier Carballo Bichiño estreou a súa exposición de natureza.

Á saída, a recén formada Plataforma Vendaval leu o seu manifesto.

Novas relacionadas

O debate sobre extractivismo de Corcubión reflexionou sobre o impacto no turismo e no agro