Sitúan a Pequeño como presidente da Deputación


O descalabro do PP nestas Eleccións Municipais de 2015, que tanto se fixo patente nos Concellos da Costa da Morte, tamén é certificable a nivel provincial.
O PP caeu un 7,34%, máis de 60.000 votos e polo tanto perde 75 concelleiros. Así, a Deputación tamén cambiaría de cor, unha vez que dos 17 deputados que tiña o PP (a maioría son 14), con estes resutlados baixaría a 13, polo que unha coalición entre forzas de esquerdas podería deparar un goberno do PSOE.
E aí, José Manuel Pequeño, alcalde dende 1986, renovou a súa maioría con solvencia, cun 86% dos votos, un resultado histórico, sendo o mellor resultado das súas 9 eleccións vencidas.
Un Pequeño que xa estaba á disposición do partido para ocupar esa praza de presidente da Deputación en varias ocasións, e que estes días volvía facelo tras escoitar a algún compañeiro de poutros partidos, para levar o proxecto de Dumbría a toda a provincia, apoiando o rural coruñés.
Así celebraban a vitoria o mesmo domingo por Dumbría:
Así celebraban por Dumbría, a vitoria dun Pequeño que xa soa, moi en serio, como presidente da Deputación: 43567
Posted by Que pasa na Costa on Martes, 26 de Maio de 2015
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).