sábado. 07.12.2024
El tiempo

Estas son as obras de 8 concellos costeiros de embelecemento litoral

A delegada Belen Docampo cos responsables de Dumbria 3
A delegada Belén Docampo co alcalde de Dumbría no Ézaro
Estas son as obras de 8 concellos costeiros de embelecemento litoral

Visita institucional da delegada da Xunta, Belén do Campo, ao concello de Dumbría para visitar as obras de mellora das marxes no acceso ao miradoiro do Ézaro, unha actuación que contou cun apoio da Xunta de 80.000 euros e da renovación da pasarela no entorno da praia do Ézaro que contou con outra achega de 50.000 euros.

A representante do Goberno autonómico tamén destacou que Dumbría recibiu desta orde outros 15.000 euros para realizar un mapa e contido dixital para unha experiencia turística 3d de 360º de Dumbría. 

A delegada Belen Docampo cos responsables de Dumbria
Na subida ao Ézaro

Durante a visita tamén comprobou as obras realizadas, o ano pasado, do itinerario peonil e de integración paisaxística no mirador do Ézaro que tamén contou co apoio da Xunta e tivo un coste total de case 89.000 euros dos que 80.000 foron aportados polo Goberno autonómico.  A obra consistiu en darlle continuidade ao itinerario peonil cunha nova intervención, cunha lonxitude aproximada de 320 metros, dende o treito pavimentado, resolvéndose coa mesma solución construtiva.

ACTUACIÓNS ANO 2024 EMBELECEMENTO LITORAL NA COSTA DA MORTE

Este apoio encádrase na liña de axudas destinada a concellos galegos para levar a cabo accións de embelecemento do litoral e potenciar así o seu uso turístico, cun investimento global de máis de 2,7M€. 
A delegada informou que na comarca de Bergantiños-Costa da Morte foron beneficiarios, este ano, un total de 11 proxectos en 8 concellos do litoral desta área que comprenden iniciativas como melloras paisaxísticas en paseos marítimos, creación de contidos e recursos turísticos dixitais, recuperación de sendeiros entre puntos turísticos ou sinalización, entre outras. Este proxectos recibirán unhas axudas por importe de máis de 640.000 euros

CONCELLO

OBXECTO AXUDA

AXUDA CONCEDIDA

 CABANA DE BERGANTIÑOS

ACTUACIÓN DE EMBELECEMENTO DO LITORAL NO ACCESO AOS PICOTIÑOS

73.778,08 €

 CAMARIÑAS

INSTALACIÓN DE ASEOS ACCESIBLES EN ESPAZOS PÚBLICOS EXTERIORES DO  CAMARIÑAS

40.434,82 €

 CEE

INSTALACIÓN DUN ATRIL INTERACTIVO E A CREACIÓN DE CONTIDOS DIXITAIS PARA GUÍA INTERACTIVA TURÍSTICA

14.810,40 €

 CEE

MELLORA E REHABILITACIÓN DO PASEO MARÍTIMO

43.497,45 €

 CORCUBIÓN

REHABILITACIÓN SUSTENTABLE DA CAPELA DO PILAR PARA SALA DE EXPOSICIÓNS

63.294,23 €

 CORCUBIÓN

MELLORA DA ACCESIBILIDADE NO CAMPO DE SAN ANTONIO

50.000,00 €

 DUMBRÍA

MELLORA DAS MARXES NO ACCESO Ó MIRADOIRO DO ÉZARO

80.000,00 €

 DUMBRÍA

MAPA E CONTIDO DIXITAL PARA EXPERIENCIA TURÍSTICA 3D E 360º NO  DUMBRÍA

15.000,00 €

 DUMBRÍA

RENOVACIÓN DE PASARELA NO ENTORNO DA PRAIA DO ÉZARO

50.000,00 €

 FISTERRA

EMBELECEMENTO NO LITORAL DE LANGOSTEIRA

50.000,00 €

 LARACHA

FASE II: ACTUACIÓNS DE ACONDICIONAMENTO DE ELEMENTOS DE PROTECCIÓN DA SENDA DO SALDOIRO DE CAIÓN

80.000,00 €

 MUXÍA

ACTUACIÓN DE EMBELECEMENTO DO LITORAL. MELLORA DOS ACCESOS NA SENDA DO RIO NEGRO EN MUXÍA

80.000,00 €

11 AXUDAS

 

640.814,98 €

 

Saúdos do Gabinete de Comunicación da Delegación Territorial da Xunta na Coruña

Comentarios