Xoves. 19.09.2024
El tiempo

Teatro costeiro para a segunda fin de semana das Xornadas Dumbría á Escena

Teatro costeiro para a segunda fin de semana das Xornadas Dumbría á Escena
Xornadas-de-Teatro-de-Dumbria-2014 2

Después de una fantástica primeira fin de semana, as I Xornadas de Teatro Dumbría á Escena afrontan a súa segunda e derradeira fin de semana. E o fará con grandes da escena galega, como Mofa e Befa, Talía Teatro e escollidos grupos de teatro afeccionado, da man da Escola Municipal de Muxía.

O venres 29, ás 21.30h será a actuación de de MOFA E BEFA, que conta co cormelán Víctor Mosqueira nas súas filas, que saen a escena con “Cociña Económica”, Sketch no que se recrea un plató de Televisión onde se está gravando un programa de cociña. O lema do programa é: Todo se come, nada se tira.

O sábado 30 obradoiros e máis teatro para tódolos públicos, cun Obradoiro infantil de construción e iniciación aos malabares. Haberá dúas sesións, a primeira delas de 11:00 a 12:30 h. e, pola tarde, reanúdase a actividade de 17:00 a 19:00 h.
Ás 12:30h. o público infantil tén unha cita con TALÍA TEATRO, que sobe ás taboas con “XANGO, a moi extraordinaria historia do home que foi engulido por unha máquina”. E ás 21:30h, a compañía costeira achégalle ó público maior de 14 anos o espectáculo “Demolición”.

O domingo 31, ás 21:30 h, pecharanse as xornadas “Dumbría a escena”, dándolle cabida ó teatro afeccionado da comarca. A Escola Municipal de Teatro de Muxía, dirixida por Artur Trillo (Talía Teatro), interpreta “Maribel e a estraña familia”, de Miguel Mihura.

Así que xa sabes, se es un amante do teatro, vén a Olveira! Dumbría co Teatro!

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios